Aeroporto de Estocolmo-Skavsta
O aeroporto de Estocolmo-Skavsta ou Aeroporto de Nyköping (IATA: NYO, ICAO: ESKN) é un aeroporto internacional sueco situado preto da cidadao suroeste de Estocolmo. Nel operan aeroliñas de baixo custo e de carga e é o quinto aeroporto máis grande de Suecia, cunha capacidade para manexar anualmente a 2,5 millóns de pasaxeiros.[1]
Aeroporto de Estocolmo-Skavsta Stockholm Skavsta flygplats
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | ADC & HAS | ||
Coordenadas | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
08/26 | 2 878 | 9 442 | asfalto |
16/34 | asfalto | ||
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 2 025 055 |
O aeroporto está situado lonxe do municipio e do condado de Estocolmo, pero usa a palabra "Estocolmo" con propósitos promocionais. Localmente faise referencia a el sinxelamente como "Skavsta".
Historia
editarFoi unha base aérea durante a segunda guerra mundial e usouse como aeroporto militar ata o ano 1980 cando se deixou fóra de servizo.
O concello de Nyköping, onde se atopa o aeroporto, decidiu en 1984 facerse co seu control e retomar as súas actividades. En 1998 o concello puxo o 90% do capital do aeroporto á venda, co obxectivo de fortalecer a súa xestión comercial e permitir investimentos para a súa expansión. Mercaron esa parcela de accións e comezou a transformación de Skavsta, que se converteu no segundo aeroporto de Estocolmo e a opción favorita para os que viven ao sur da capital.[2]
O aeroporto ten capacidade para 2,5 millóns de pasaxeiros anuais e está deseñado para expandirse no futuro.[1] É propiedade de ADC & HAS, a mesma compañía que ten os aeroportos de Belfast, Orlando, Liberia (Costa Rica), San José e Quito.
Aeroliñas e destinos
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Ryanair | Alacant, Beauvais, Bergamo, Charleroi, Gdańsk, Cracovia, Londres-Stansted, Málaga, Malta, Memmingen (comeza en outubro de 2017),[3] Niš (comeza en outubro de 2017), Podgorica, Sofía, Warsaw-Modlin, Weeze Estacional: Barcelona, Béziers, Biarritz, Bremen, Brindisi, Chania, Gran Canaria, Nápoles, Palma de Mallorca, Paphos, Pisa, Rodas, Rijeka, Roma-Ciampino, Tenerife–Sur, Tesalónica, Treviso, Zadar |
Wizz Air | Belgrado, Bucarest, Budapest, Cluj-Napoca, Gdańsk, Katowice, Lublin, Poznań, Skopje, Vilnius, Varsovia-Chopin, Wrocław Estacional: Tuzla |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Stockholm Skavsta Airport (ed.). "Stockholm Skavsta Corporate Information". Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ Stockholm Skavsta Airport (ed.). "Företagsinformation om Stockholm Skavsta Flygplats". Consultado o 28 de agosto de 2017.
- ↑ Stockholm Skavsta Airport (ed.). "Memmingen new route with Ryanair". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2017.