Aeroporto L.F. Wade

O aeroporto internacional L.F. Wade (IATA: BDAOACI: TXKF), anteriormente chamado aeroporto internacional de Bermuda, é o único aeroporto que serve ao territorio británico de ultramar das Bermudas, no océano Atlántico. Está situado na parroquia de St. George's e atópase a 11 quilómetro ao nordés da cidade de Hamilton, a capital do arquipélago. Ten unha terminal de pasaxeiros, unha de carga, oito postos de estacionamento de aviñons e pode operar todos os tamaños de aparellos, incluído un Airbus A380.[1] A día de hoxe sete aeroliñas operan servizos regulares ás Bermudas, voando a destinos no Canadá, o Reino Unido e os Estados Unidos.

Aeroporto L.F. Wade
L.F. Wade International Airport

IATA: BDA – ICAO: TXKF
Sumario
Tipo público
Propietario goberno das Bermudas
Operador Bermuda Skyport Corporation Limited
Cidade/Illa Bermudas
Localización Illa de Saint David
Elevación (msnm) 5 metros / 18 pés
Coordenadas Coordenadas: 32°21′51″N 64°40′43″O / 32.364166666667, -64.678611111111
Web http://www.bermudaairport.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
12/30 2 947 9 669 asfalto

Aeroliñas e destinos editar

Pasaxeiros editar

Aeroliñas Destinos
Air Canada Toronto-Pearson
American Airlines Miami, Nova York-JFK, Filadelfia
Estacional: Charlotte, Washington-Nacional
British Airways Londres-Gatwick
Delta Air Lines Atlanta, Boston, Nova York-JFK
JetBlue Airways Boston, Nova York-JFK
United Airlines Estacional: Newark
WestJet Toronto-Pearson

Carga editar

Aeroliñas Destinos
Cargojet Airways Newark

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. L.F. Wade Airport (ed.). "Airport information". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2012. Consultado o 29 de decembro de 2017.