Aeródromo militar de Santiago de Compostela

base aérea en Santiago de Compostela

Coordenadas: 42°54′01″N 8°25′17″O / 42.90023333, -8.42151389

O aeródromo militar de Santiago de Compostela (código IATA: SCQ, código ICAO: LEST) é un aeródromo militar situado na Lavacolla, a 10 km da capital galega, Santiago de Compostela, a carón do aeroporto da Lavacolla.

Aeródromo militar de Santiago de Compostela

IATA: SCQ – ICAO: LEST
Sumario
Tipo Militar
Operador Exército do Aire de España
Cidade/Illa Santiago de Compostela
Localización A Lavacolla, Sabugueira
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
17/35 3 200 10 498 asfalto
Dous Canadair CL-215T do Exército do Aire estacionados.

Características editar

Ocupa uns 94 000 m², incluíndo unha plataforma de aparcadoiro de aeronaves de 35 000 m² e diversas instalacións, como a xefatura, aloxamento e tripulacións destacadas, edificio multiúsos, hangar de cocheiras e pista polideportiva[1][Cómpre referencia].

Misión editar

A súa principal misión é proporcionar apoio loxístico e seguridade ás Unidades Aéreas das Forzas Armadas de España que se despreguen nel, entre as cales están as seguintes:

Permanentemente:

Habitualmente:

Historia editar

O 29 de xullo de 1935 inaugurouse o campo cun festival aéreo. O 21 de setembro de 1937 chega o primeiro avión regular, pertencente á liña Sevilla-Salamanca-Santiago-Zaragoza, que opera até a finalización da guerra civil.

En 1945 créase a Xefatura do Servizo de Obras do Sector Aéreo de Galicia, a cargo do piloto do "Jesús del Gran Poder", o Tenente Coronel Francisco Iglesias Brage, para acometer as obras de ampliación e mellora. Establécese o destacamento militar.

Entre 1953 e 1954 realízase a pista de rodamento e estacionamento, na actualidade plataforma militar. En 1957 constrúese a terminal de pasaxeiros, hoxe edificio de Aloxamento, e afírmase o estacionamento.

Entre 1964 e 1967 amplíase a pista N-S até os 2 500 m e constrúese a nova terminal do aeroporto da Lavacolla, quedando a antiga zona só para o Exército do Aire.

En xuño de 1993 fírmase o acordo de transferencia MINISDEF-AENA, no que se contempla, entre outros, o deslinde patrimonial dos actuais terreos. En setembro o antigo Destacamento de Santiago clasifícase como Aeródromo Militar.

En xullo de 1995 o aeródromo clasifícase como aeródromo de Utilización Conxunta, situación na que continúa na actualidade.

Notas editar

  1. Aeródromo Militar de Santiago Arquivado 26 de xuño de 2018 en Wayback Machine. Ficha na páxina web do Exército do Aire de España