Aelbert Cuyp

pintor neerlandés

Aelbert Jacobsz Cuyp, nado en Dordrecht o 20 de outubro de 1620 e finado na mesma localidade o 15 de novembro de 1691, foi un dos máis importantes pintores paisaxistas neerlandeses do século XVII.

Aelbert Cuyp
Aelbert Cuyp - The Maas at Dordrecht - Google Art Project.jpg
Nacemento20 de outubro de 1620
Lugar de nacementoDordrecht
Falecemento15 de novembro de 1691
Lugar de falecementoDordrecht
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Ocupaciónpintor, artista gráfico, landscape painter, debuxante e artista visual
PaiJacob Gerritsz Cuyp
Coñecido porEquestrian Portrait de Pieter de Roovere, The Maas at Dordrecht e The Valkhof at Nijmegen
Na rede
Discogs: 2235090 WikiTree: Cuyp-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Vacas na auga, Museo de Belas Artes, Budapest.

TraxectoriaEditar

Discípulo do seu pai Jacob Gerritsz. Cuyp, Aelbert foi o máis famoso dunha familia de pintores, sendo especialmente coñecido polas vistas de lugares do seu país ao amencer ou ao serán.

EstiloEditar

A luz solar é acentuada nas súas pinturas por pequenos detalles punteados de luz dourada. En conxunto, os panoramas atmosféricos da campina, a luminosidade dos talos de herba nunha pradeira, as crinas dun tranquilo cabalo, o corno dunha vaca leiteira inclinada sobre un rego, ou o tope do chapeo dun labrego, están todos envoltos nun baño de luz ocre-amarela. A calidade do pintado nunha obra de Cuyp é dunha mestría sen erros. O rico bernizado refracta os raios da luz como unha xoia a disolve. As paisaxe de Cuyp están baseadas na realidade e na súa propia invención do encantador que unha paisaxe podería ser.

 
O Mosa en Dordrecht (National Gallery of Art, Washington DC.

Os debuxos de Cuyp revélano como un debuxante superior. Tentaba conseguir unha obra de arte plena cos seus debuxos, de modo que con frecuencia a mesma sección dun esbozo, pode encontrarse en varias pinturas diferentes.

Asinaba as súas obras, mais raramente as databa, de xeito que a cronoloxía da súa carreira non é satisfactoria. Aínda que un elevado número de obras lle foran atribuídas, bastantes puideron ser doutros paisaxistas, tale como Abraham Calraet (1642–1722), cuxas iniciais A.C. poden confundirse coas de Cuyp. Porén non sempre a súa arte foi aprezada, sendo aínda recentemente cualificada como "blandenguería de caixa de chocolate".