Advanced Photovoltaic Experiment

Advanced Photovoltaic Experiment, tamén coñecido polo seu acrónimo APEX, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 3 de agosto de 1994 mediante un foguete Pegasus desde a Base Edwards da Forza Aérea, en California.[2]

Advanced Photovoltaic Experiment
APEX durante a súa preparación para o lanzamento.
TipoDemostrador tecnolóxico.
OrganizaciónUSAF
Satélite deTerra
Data de lanzamento3 de agosto de 1994[1][2][3]
Foguete portadorPegasus[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Edwards da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónDemostración de novas tecnoloxías relativas a células solares e o seu uso no espazo.[2]
NSSDC ID1994-046A
Masa260 kg[2][4]
Datos orbitais
Semieixo maior7386,6 km[1]
Inclinación69,9 graos[1]
Apoapse1678,3 km[1]
Periapse352,9 km[1]

Características editar

A misión de APEX consistía en probar novas células solares e compoñentes electrónicos nun contorno de radiación para mellorar o deseño de futuros vehículos espaciais. A órbita altamente elíptica de APEX permitiu tamén investiga-lo efecto do plasma espacial en circuítos operando a alta voltaxe cando o satélite estaba no perixeo e o efecto da radiación espacial cando estaba no apoxeo.[2][4][5]

O satélite levaba o experimento PASP (Photovoltaic Array Space Power) Plus para o estudo da forma en que o rendemento das células solares se degrada no contorno espacial. Probáronse doce tipos de células, incluíndo catro tipos de células de silicio, tres de arseniuro de galio, tres novos tipos de materiais (fosfuro de indio e outros dos tipos diferentes) e dous con deseños de concentrador.[2][4][5]

APEX tamén levaba o experimento CRUX (Cosmic Ray Upset Experiment), patrocinado polo centro de voo espacial Goddard da NASA, e o experimento FERRO (Thin-Film Ferroelectric Experiment), desenvolvido pola Escola Naval de Posgraduados.[2][4][5]

Durante a misión a nave sufriu dous incidentes, un relacionado co sensor da batería e outro cun chip de memoria, resolvéndose os dous sen maiores problemas.[5]

A nave estaba baseada no bus PegaStar da empresa Orbital Sciences.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "APEX" (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (8 de xullo de 2011). "Apex" (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2011. 
  3. "Note verbale dated 29 November 1994 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (94-28819T). 15 de decembro de 1994. Consultado o 17 de agosto de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "APEX (P90-6)" (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2011. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "APEX" (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2011.