Aduna é un concello da provincia de Guipúscoa, en Euskadi, situado no val medio do río Oria, na comarca de Tolosaldea.

Aduna
Aduna
Flag of None.svg
Aduna.svg
Aduna 0002.JPG
Localización
Aduna en País Vasco
Aduna
Aduna
PaísEspaña España
Comunidade autónomaFlag of the Basque Country.svg Euskadi
ProvinciaGuipúscoa
ComarcaTolosaldea
Xeografía
Altitudenon dispoñíbel msnm
Superficie6,95 km² km²
Demografía
Poboación457 hab.
Densidade65,76 hab./km²
Xentilicioadunarra, adunatarra
Outros datos
Código postal20150
AlcaldeJosu Amilibia Alsua
www.aduna.net

ToponímiaEditar

O significado do topónimo Aduna é escuro. A principal explicación ao respecto é a de que a verba aduna significaba antigamente o trigo novo en lingua éuscara. Esta acepción aparece mencionada no Diccionario Trilingüe: Castellano, Bascuence y Latín que realizou Manuel Larramendi en 1745.

XeografíaEditar

Trátase dun pequeno concello rural cunha extensión de 6,9 km². A vila de Aduna sitúase nun outeiro que domina o val do río Oria. A Aduna chégase por unha estreita e empinada estrada á que se accede tras saír da autovía A-1.

HistoriaEditar

O 7 de xuño de 1968 produciuse en Aduna o que se considera o primeiro atentado mortal realizado por ETA na súa historia. O atentado de Aduna produciuse cando o coche no que viaxaban dous membros de ETA, o histórico dirixente Txabi Etxebarrieta e Iñaki Sarasketa, foi detido pola Garda Civil de tráfico nun control de estrada á altura de Aduna. Temendo que foran descubertos, Txabi Etxebarrieta descendeu do coche disparando polo lombo ao garda civil José Pardines Arcay e rematándoo posteriormente. Pardines converteríase desa forma na primeira vítima oficial de ETA. Ese mesmo día, Etxebarrieta morrería abatido pola policía en Tolosa, converténdose á súa vez no primeiro militante de ETA que morría de forma violenta.

AdministraciónEditar

Nas eleccións autonómicas celebradas en 2005, o partido máis votado foi o comunista e independentista Euskal Herrialdeetako Alderdi Komunista (EHAK), co 48,9% dos votos, seguido da coalición nacionalista vasca PNV-Eusko Alkartasuna, que obtivo un 38,5%, e o partido político Aralar, cun 9%.

A alcaldía estivo dende 2003 a 2007 en mans da agrupación local independente Adunako Elkarte Herritarra ('Agrupación popular de Aduna'), sendo a alcaldesa Arantza Aburuza Alkorta.

Nas eleccións municipais de 2007, dous partidos presentáronse candidatos á alcaldía do municipio: Eusko Abertzale Ekintza (EAE-ANV) e Partido Popular de Euscadi (Euskadiko Alderdi Popularra) (PP). Os resultados foron os seguintes:

Isto deu como resultado a vitoria da esquerda abertzale con maioría absoluta, sendo de nova alcaldesa Arantza Aburuza Alkorta.

Nas eleccións municipais de 2011, só se presentou unha lista, a do Partido Popular. Rexistráronse 43 abstencións e 300 votos dos que 287 foron en branco, 12 para o Partido Popular e 1 nulo. Ao non acadaren o mínimo do 5% dos votos válidos (que inclúen os votos a unha candidatura e os brancos), a lista do PP non obtivo ningún concelleiro. Iso supón que non se constitúe nova corporación en 2011.

Os resultados das eleccións municipais de 2011 foron os seguintes (abstención 13,54%, votos en branco 95,99%):

Eleccións municipais en Aduna
Partido político 2011[1] 2007[2]
Votos % Concelleiros Votos % Concelleiros
Partido Popular de Euscadi (Euskadiko Alderdi Popularra) (PP éuscaro) 4,01% - 0,56% -
Eusko Abertzale Ekintza (EAE-ANV) - - 88,33% 7

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. Ministerio del Interior (ed.). "Resultados elecciones municipales Aduna 2011". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2011.  (en castelán)
  2. Ministerio del Interior (ed.). "Resultados elecciones municipales Aduna 2007". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2011.  (en castelán)