Adrienne Yabouza

escritora centroafricana


Adrienne Yabouza, nada en Bimbo[1] en 1965, é unha escritora da República Centroafricana, de orixe yakoma.[2] Escribiu varias novelas e unha obra infantil-xuvenil,[3] algúns dos cales foron escritos en colaboración co escritor francés Yves Pinguilly.[4][5]

Infotaula de personaAdrienne Yabouza
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Bimbo, República Centroafricana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Centroafricana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Yabouza comezou a escribir con dez anos.[2] De nova escapou da guerra civil da República Centroafricana e viaxou á República do Congo; desde alí viaxou a Francia, onde solicitou asilo político.[3] Nunca recibiu educación superior.[6] Regresou ao seu país e continuou a loitar contra a violencia política existente, mesmo tras do golpe de estado de 2013 durante a nova guerra civil da República Centroafricana.[7]

Yabouza foi perruqueira durante varios anos en Bangui, e tivo outros traballos.[4] Vive no barrio de Lakouanga.[8] Escribe en lingua francesa, e fala tamén lingua Sango e lingua lingala ademais da lingua yakoma materna.[2] A súa obra fala das dificultades da muller no seu país, e moitas das súas historias derivan de vivencias familiares ou que tiveron lugar no seu barrio, que escoitou no seu traballo ou en lugares onde as mulleres se senten cómodas para falaren entre elas. Ela ten comentado que "inventa verdades", que as vidas das súas heroínas non están particularmente baseadas na súa propia. Entre as súas influencias cita Mariama Bâ e Ousmane Sembène.[7] As súas tres primeiras novelas foron referidas coma unha triloxía.[2] Viúva, ten cinco fillos e fillas e é avoa;[3] criou os seus fillos e fillas coma nai solteira.[7]

Obra editar

  • La défaite des mères (2008, novela; con Yves Pinguilly)
  • Bangui… allowi (2009, novela; con Yves Pinguilly)
  • Le bleu du ciel biani biani (2010, novela; con Yves Pinguilly)
  • Coup d'état (2010, novela curta; publicada co pseudónimo de Auguste Komelo Nikodro)
  • La maltraite des veuves (2013, novela)
  • Comme des oiseaux (2015, literatura infantil)
  • Co-épouses et co-veuves (2015, novela)

Notas editar

  1. "Adrienne Yabouza". Kultur Austausch. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "A lire: "La Maltraite des Veuves" d'Adrienne Yabouza". Journal de Bangui (en francés). Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2016. Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Yabouza, Adrienne". Editions Bilboquet. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 12 de agosto de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "Adrienne Yabouza". Universidade de Australia Occidental. Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  5. "Citrouille Hebdo" (en francés). Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  6. "AMINA Adrienne Yabouza". Universidade de Australia Occidental. Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "AMINA Adrienne Yabouza". Universidade de Australia Occidental. Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  8. "Biographie de Adrienne Yabouza". Africultures. Consultado o 2 de decembro de 2016.