Adolph von Menzel
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Adolph Friedrich Erdmann (posteriormente: von) Menzel é un pintor de etnia alemá nado o 8 de decembro de 1815 en Wrocław e finado o 9 de febreiro de 1905 en Berlín. Notábel polos seus debuxos, gravados e pinturas. Os temas da súa obra son frecuentemente inspirados na historia e é considerado o máis salientábel representante alemán do realismo pictórico do século XIX.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Adolph Friedrich Erdmann von Menzel 8 de decembro de 1815 Wrocław, Polonia |
Morte | 9 de febreiro de 1905 (89 anos) Berlín, Alemaña |
Lugar de sepultura | Dreifaltigkeitskirchhof II (pt) |
Educación | Berliner Akademie der Künste (mul) (1830–) Prussian Academy of Arts (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e gravado |
Lugar de traballo | Berlín |
Ocupación | pintor, gravador, ilustrador, litógrafo |
Membro de | |
Xénero artístico | Retrato |
Movemento | Realismo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Cronoloxía | |
restitution of Nazi-looted art (en) | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Менцель Адольф фон) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Páxina web | adolph-von-menzel.com |
Biografía
editarMenzel recibiu as súas primeiras leccións artísticas no estudo litográficos de seu pai. No ano de 1833, estudou por seis meses na Real Academia de Berlín, a época coñecida pola súa énfase na arte retratista e perspectiva. Un ano despois, von Menzel xuntouse á Asociación Xoves Artistas. Até entón el estaba a traballar máis en óleos. En 1838 foi admitido na Asociación de Artistas Elder.
Conquistou a súa fama artística aos 25 anos de idade, en 1839, cando ilustrou a obra A vida de Frederico, o Grande do historiador Franz Kugler; para este proxecto Menzel preparou centos de esbozos a fin de reproducir coidadosamente a arquitectura, os traxes e o mobiliario da época. Desde entón a súa preparación exhaustiva e precisa garantiulle o recoñecemento por parte da elite política e social de Berlín - retratada en moitas das súas pinturas.
En 1853 ingresa na Real Academia da Arte. En 1855 viaxa a París para visitar a Exposición Universal e ver o Pavillón do realismo de Gustave Courbet. En 1867 recibe a Cruz da Lexión de Honra Francesa pola pintura histórica de Frederico e as súas tropas na batalla de Hochkirch. En 1875 é nomeado profesor e membro do Senado. En 1884 ten a súa primeira exposición individual.
Menzel obtén en 1885 un doutoramento na Universidade de Berlín. De 1880 e até o seu falecemento en 1905 en Berlín, abandonou a pintura de relevancia pública ou de valor histórico e pasou a retratar rúas, xardíns e fragmentos de paisaxes. Deixou para a posteridade unha abondosa contribución artística, composta por máis de dez mil deseños e outros milleiros de litografías, xilogravados, acuarelas...
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolph von Menzel |