Adolfo Fojo Silva

empresario e filántropo galego

Adolfo Fojo Silva, nado en Caldas de Reis en 1867 e finado en Baión (Vilanova de Arousa) a finais de maio de 1933, foi un empresario e filántropo galego.

Adolfo Fojo Silva
Retrato en Vida Gallega, 1933
Nacemento1867
Lugar de nacementoCaldas de Reis
Falecementomaio de 1933
Lugar de falecementoBaión
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario e filántropo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Renunciou a ordenarse como sacerdote e emigrou a Arxentina onde fixo fortuna, dedicándose a importación de teas, azafrán e especies de Oriente e a súa exportación a Europa. Polo cancro da súa muller viaxou por varios hospitais de Alemaña e Suíza, pero non logrou impedir a súa morte. Retornou a Galicia e casou con Bernardina Colmeiro Rey. A finais dos anos vinte comproulle a Juan Nepomuceno Ozores, fillo do conde de Priegue, a Granxa de Fontán (hoxe coñecida como Pazo Baión) en Vilanova de Arousa, onde puxo en marcha unha explotación agrícola e gandeira. Non obtivo bos resultados, resultando unha explotación deficitaria, pois o único que se vendía era o viño. Adolfo Fojo contribuíu na construción do Asilo de Caldas de Reis. Finou na súa propiedade O Fontan en Baión a finais de maio de 1933,[1]

Notas editar

  1. Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedra, 1-6-1933, p. 22.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar