Adolfo Baloncieri
Adolfo Baloncieri, nado o 27 de xullo de 1897 en Alessandria e finado o 23 de xullo de 1986 en Xénova foi un futbolista e adestrador de fútbol italiano que xogaba na demarcación de centrocampista.
Adolfo Baloncieri | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Adolfo Baloncieri | ||
Nacemento | 27 de xullo de 1897 | ||
Lugar de nacemento | Alessandria | ||
Falecemento | 23 de xullo de 1986 | ||
Lugar de falecemento | Alessandria | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1919-1925 | Alessandria Calcio | 121 | (72) |
1925-1932 | Torino FC | 192 | (96) |
1932-1933 | Calcio Como | 3 | (0) |
Selección nacional | |||
1920–1930 | Selección de fútbol de Italia | 47 | (25) |
Adestrador | |||
1931-1932 | Torino FC | ||
1932-1933 | Calcio Como | ||
1934-1936 | AC Milan | ||
1936-1937 | Novara Calcio | ||
1937-1939 | AC Liguria | ||
1939-1940 | SSC Napoli | ||
1941-1945 | Alessandria Calcio | ||
1945-1946 | AC Milan | ||
1946-1947 | FC Chiasso | ||
1947-1950 | UC Sampdoria | ||
1950 | AS Roma | ||
1951-1952 | FC Chiasso | ||
1954-1955 | US Palermo | ||
1962 | FC Chiasso | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
A súa carreira futbolística transcorreu entre o Alessandria Calcio e o Torino FC, xogando un último ano no Calcio Como, tras o cal se retirou.
Debutou coa Selección de fútbol de Italia o 13 de maio de 1920. O maior logro que acadou coa selección foi o bronce nos Xogos Olímpicos de 1928, sendo el o capitán do equipo. Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 1920 e 1924, converténdose así no segundo xogador con máis encontros disputados na competición de Fútbol neste certame deportivo. Coa selección tamén gañou a Copa Internacional de Europa Central disputada entre os ano 1927 e 1930.
En total disputou 47 encontros coa selección, anotando 25 goles, o que o converte no sexto máximo goleador da historia do combinado e no oitavo que máis encontros disputou sendo capitán do equipo.
Palmarés editar
- Co Torino FC: Campión da Serie A: 1927/28
- Coa Selección de fútbol de Italia: Copa Internacional de Europa Central: 1927/30
Medallas olímpicas | ||
Bronce | Fútbol | Ámsterdam 1928 |
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Traxectoria como xogadorArquivado 27 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en italiano)
- Encontros ca selección de Italia (en italiano)