Adolfina Mesa Goyo, nada en Cagua (Venezuela) o 13 de novembro de 1970, é unha poeta e pintora residente en Galicia.

Infotaula de personaAdolfina Mesa
Biografía
Nacemento(es) Adolfina Mesa Goyo Editar o valor em Wikidata
13 de novembro de 1970 (53 anos)
Venezuela
Datos persoais
ResidenciaGalicia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña
Venezuela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , pintora , escritora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticopoesía

Facebook: adolfinamesa.poemasycatarsis AELG: 572 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de nai venezolana e pai español, estudou Diplomado en Ciencias Empresariais e traballou durante anos na industria metalúrxica e petroleira. En 2004 trasladou a súa residencia a Galicia, estando moi ligada á terra de Monterroso.

Desenvolve a súa pintura e as artes decorativas a nivel artístico e docente. Participou en exposicións de pintura individual e colectiva en España e Portugal. Tamén participou en exposicións colectivas e en recitais poéticos no Roteiro das Artes 2015 e 2016. Participou coa súa poesía no libro colectivo homenaxe a Manuel María, na Antoloxía do Roteiro das Artes e do libro colectivo Roteiro das Artes Internacional Galicia-Mozambique, Galicia-Nicaragua, Galicia-Cabo Verde, Galicia-Ucraína e Galicia-Perú. Tamén colaborou na revista lucense Xistral[1]. En 2018 participa na Colectânea de Poesia Luso-Galaica[2]:

A poesía é o fío que une o sentir coa palabra, o diálogo interior e silencioso do poeta que chega ao lectora través de cada verso

A súa poesía, tanto en castelán como en galego, é intimista, romántica, tráxica, entre outros matices crítica e explosiva no seu versar, tendo como referentes os poetas Benedetti, Pablo Neruda e Alejandra Pizarnik[3].

Obras editar

Publicacións colectivas editar

  • Libro colectivo Roteiro Das Artes-Monterroso 2015
  • Libro colectivo Roteiro Das Artes-Teo 2015
  • Libro colectivo Roteiro Das Artes-Padrón 2016
  • Libro colectivo Roteiro Das Artes-A Coruña 2016
  • Libro colectivo Roteiro Das Artes-Taboada 2016
  • Libro colectivo Roteiro Das Artes-Sarria Maio 2016
  • Libro colectivo Roteiro Das Artes-Chantada-Xuño 2016
  • Libro colectivo Roteiro Das Artes breve Historia Antoloxia-Redelibros. 2016.
  • Manuel María -Libro Colectivo de Homenaxe no seu día das Letras Galegas 17 de maio de 2016. Deputación de Lugo, Galicia.
  • Xistral # 20 ano 2017 Revista Lucense de Creación Poética. Concello de Lugo e Concelleria de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua.
  • Libro Poemas Pendurados De Farolas. LUMES, NUNCA MÁIS! Libro Dixital (publicado en: www.CulturaliaGz.com) 2018
  • Libro Dixital Colectivo Portugalicidades (publicado en: www.culturaliagz.com)  2018
  • Folleto poético dixital Poesía en Feminino "Dia da muller Traballadora".  (Publicado en: www.CulturaliaGz.com)  2018.
  • Libro Dixital POEMÁN, (Publicado en: www.CulturaliaGZ.com) marzo de 2018.
  • Revista Dixital Cultural e Póetica Intropia de Madrid, colaboradora nas publicacións poéticas. Xaneiro, febreiro e marzo de 2018.

Publicacións colectivas internacionais:

  • Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo- GALIZA-MOÇAMBIQUE: NUMA LINGUAGEM E NUMA SINFONÍA
  • Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo-GALIZA-NICARAGUA: MORRIÑA ENTRE LAGOS Y VOLCANES
  • Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo- CABO VERDE-GALIZA: ABRAÇO POÉTICO
  • Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo- ANGOLA-GALIZA: SEMENTES DÁ LINGUA
  • Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo-GALIZA-UCRANIA: HARMONÍA DE CORAZÓNS
  • Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo- GALIZA-PERÚ: LIBÉRRIMO AUSTRAL.
  • Colectânea de Poesia Luso-Galaica, setembro 2018.

Premios editar

  • 2020: Gañadora da XXX edición do Certame Galego de Arte “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN”, convocado polo Centro cultural do mesmo nome.[4]
  • 2020: Premio Paris ne finit jamais en Creación literaria [adultos] por Labios confinados.[5]

Notas editar

  1. "Editorial Círculo Rojo, Adolfina Mesa". Consultado o 01/02/2018. 
  2. de Sousa e Sa e Outros, Ester (2018). Colectânea de Poesia Luso-Galaica. Acabamento Emp. Gráfica Feirense S.A. ISBN 978-989-54214-0-4. 
  3. "Escritores.org, Adolfina Mesa". Consultado o 01/02/2018. 
  4. "Adolfina Mesa, Premio do Certame Galego de Arte – Galicia 24 Horas". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2020-01-03. 
  5. "PREMIOS". PARIS NE FINIT JAMAIS (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2020. Consultado o 2020-09-18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar