Adolf Schmidt
Adolph Johann Schmidt, nado o 6 de decembro de 1806 en Frankfurt am Main e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 1889, foi un médico e malacólogo alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1806 ![]() Frankfurt, Alemaña ![]() |
Morte | 8 de decembro de 1889 ![]() Frankfurt, Alemaña ![]() |
Educación | Universidade de Königsberg Universidade de Heidelberg Universidade de Halle-Wittenberg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | malacólogo, médico ![]() |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Schmidt ![]() |
Traxectoria
editarFormación e primeiros traballos
editarAdolf Schmidt, fillo dun rico comerciante, comezou os seus estudos de medicina na Universidade de Königsberg, que proseguiu na de Erlangen en 1826, trasladándose ao ano seguinte á de Heidelberg. Alí involucrouse en actividades políticas e foi expulsado, pero máis tarde, grazas á intervención de personalidades influentes, puido continuar os seus estudos, na Universidade de Halle, obtendo o título de doutor en medicina en 1830.
Schmidt viaxou a Francia e Inglaterra e en 1831 estableceuse como médico na súa cidadr natal. En 1834 estivo implicado con colegas afíns ideoloxicamente na construción de clínicas para pobres. No campo médico, Schmidt adquiriu notoriedade sobre todo polas súas contribucións ao desenvolvemento do controvertido tratamento da tuberculose pulmonar iniciado en Silesia polo doutor Hermann Brehmer, cuxo éxito foi recoñecido máis adiante polos críticos.
Investigacións nas ciencias da natureza
editarAs ciencias naturais, en particular a malacoloxía, tamén interesaron a Adolf Schmidt, que en 1832 ingresou no Museo Senckenberg de Historia Natural de Frankfurt, onde levou a sección de moluscos. Schmidt tamén foi cofundador da Asociación Médica e, en 1855 da Asociación de microscopistas, da que foi director até 1875. A súa atención especial centrouse no estudo dos parasitos intestinais nos humanos.
Obra
editar- Beiträge zur Malakologie: Mit drei Tafeln, G. Bosselmann, Berlin, 1857.
Abreviartura
editarA abreviatura A. Schmidt emprégase para recoñecer a Adolf Schmidt como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Senckenbergische Naturforschende Gesellschaft: Bericht der Senckenbergischen Naturforschenden Gesellschaft in Frankfurt am Main, Band 20, Die Gesellschaft, 1889, S. 118
- Senckenbergische Naturforschende Gesellschaft: Natur und Museum, Senckenbergische Naturforschende Gesellschaft, 1889, S. 155 f.
Ligazóns externas
editar- Artigo sobre Adolf Schmidt Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en www.senckenbergische-stiftung.de (en alemán) Consultada o 9 de marzo de 2016.