Adelaida Football Club
Lixo: Esta páxina está clasificada para a súa eliminación rápida, polo seguinte motivo:
|
O Adelaida Football Club, alcumado Crows (do inglés: Corvos), é un club de fútbol australiano con sede na cidade de Adelaida, Australia Meridional. O club foi fundado en 1990, contanto cun equipo masculino na Australian Football League (AFL) desde a temporada 1991 e feminino na AFL Women's (AFLW) desde 2017.[1] O equipo masculino xoga os seus encontros como local no Adelaide Oval, estadio con capacidade para 55 317 espectadores situado moi preto do centro da cidade. A canción do club é "The Pride of South Australia", a cal utiliza a melodía do himno da mariña dos Estados Unidos.[2]
Adelaida Football Club | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | ||||
Completo | Adelaide Football Club Limited | |||
Alcume(s) | Crows | |||
Lema | Natus Ad Magna Gerenda | |||
Canción | The Pride of South Australia | |||
Temporada 2022 | ||||
Liga | 14º | |||
Goleador | Taylor Walker (15 goles) | |||
Mellor xogador | Reilly O'Brien (Malcolm Blight Medal) | |||
Detalles do club | ||||
Fundación | 12 de setembro de 1990 (33 anos) | |||
Cidade | Adelaida, Australia Meridional | |||
Cores | Azul Vermello Ouro | |||
Competición | AFL: Sénior masculino AFLW: Sénior feminino | |||
Director | John Olsen | |||
CEO | Tim Silvers | |||
Adestrador | AFL: Matthew Nicks AFLW: Matthew Clarke | |||
Capitán(s) | AFL: Rory Sloane AFLW: Chelsea Randall | |||
Premierships | AFL (2)
| |||
Estadio(s) | AFL: Adelaide Oval (55 317) AFLW: Norwood Oval (15 000) | |||
Antes | Football Park (1991–2013) | |||
Uniformes | ||||
| ||||
Outra información | ||||
Páxina web | afc.com.au |
Os Crows foron fundados como o representante de facto de Australia Meridional na AFL. Orixinalmente, os propietarios do equipo eran a South Australian National Football League (SANFL), corpo que goberna este deporte no estado meridional, aínda que en 2014 conseguiron a súa independencia administrativa do ente. Na primeira temporada do club, en 1991, o equipo finalizou e noveno lugar, sendo este o mellor posto acadado por un equipo de expansión no seu primeiro ano na AFL.[3][4] A nivel masculino o equipo conseguiu dous títulos de campión, o de 1997 e o de 1998. Por outra banda, o equipo feminino é o único da AFLW que posúe máis dun título do campionato após vencer nas edicións de 2017 e 2019. O club conta tamén cun equipo de reservas na SANFL.
Notas
editar- ↑ "History of the SANFL". SANFL.com.au (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "The Club" (en inglés). Official AFL Website of the Adelaide Football Club. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "About the SANFL" (en inglés). SANFL.com.au. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Adelaide Crows – A Short History" (en inglés). Official website of the Adelaide Football Club. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2021.