A adamita é un mineral constituído por arseniato de zinc de fórmula Zn2AsO4OH. Encóntrase habitualmente en zonas de oxidación ou humidade sobre menas de zinc. Habitualmente é de cor marela, pero tínxese de verde por inclusións de cobre.

Adamita
Fórmula químicaZn2AsO4OH
ClaseArseniatos
Sistema cristalinoOrtorrómbico
CorAmarelo, verde, raramente branca e ocasionalmente púrpura
BrilloDiamantino
Dureza3,5
FracturaConcoidal
RaiaDe branca a verde clara
Densidade4,4

A olivenita é un arseniato de cobre isoestrutural coa adamita, e existen casos de substitución entre zinc e cobre que permiten describir un mineral intermedio chamado cuproadamita. A estrutura tamén pode ser substituída por manganeso, cobalto ou níquel, e coñécese un mineral análogo, a tarbutita, constituído por fosfato de zinc.

A adamita recibe o seu nome do xeólogo francés Gilbert Joseph Adam (1795-1881), quen recolleu as primeiras mostras en Chañarcillo, no deserto de Atacama, Chile.

Principais depósitos

editar

Aplicacións

editar

A adamita é un mineral sen importancia industrial, pero interesante desde o punto de vista científico e como mineral de colección.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar