Acusados é unha serie de televisión producida por Ida y Vuelta (produtora doutros éxitos como Motivos personales), estreada en Telecinco o 28 de xaneiro de 2009 con discretos aínda que bos resultados de audiencia, batendo a súa propia marca nos 2 últimos capítulos, excedendo a barreira dos 3 millóns de espectadores.

Acusados
FormatoSuspense
Creado porXosé Morais
Darío Madrona
IntérpretesBlanca Portillo
Alejo Sauras
Anna Allen
Daniel Grao
Mónica López
José Coronado
País de orixeEspaña
Episodios26 (13 por tempada)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Jorge Redondo
Duración70-90 min
Emisión orixinal
Canle de orixeTelecinco
Primeiro episodio28 de xaneiro de 2009
Derradeiro episodio
22 de abril de 2010
Na rede
http://www.telecinco.es/acusados/
IMDB: tt1277973 Filmaffinity: 564271 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A primeira tempada da serie estivo composta por 13 episodios. A segunda tempada estreouse o mércores 13 de xaneiro de 2010. A trama consiste nun novo caso no cal unha nena é a única testemuña dun asasinato. A protagonista segue sendo a xuíza Ballester[1] e conta con novas fichaxes como Alejo Sauras, Tamar Novas e Mónica López[2]. O último capítulo emitiuse o 22 de abril de 2010.

Sinopse

editar

1ª tempada

editar

O incendio da discoteca Metrópolis será o punto de partida da investigación levada pola xuíza Rosa Ballester (Blanca Portillo). O seu principal sospeitoso, Joaquín de la Torre (José Coronado), un importante político do país, verase involucrado nunha trama de misterios, sospeitas e secretos, que lle levarán ao esborralle da súa reputación fronte ao seu partido político. Xunto ao seu fillo Alejandro de la Torre (Alberto Amarilla) e o seu avogado Ricardo Díaz (Aitor Mazo), intentarán saír do caso, pero a xuíza Ballester e o seu equipo, formado por Jorge Vega (Daniel Grao), Julio Almagro (Joseba Apaolaza) e Isabel Holgado (Isabel Serrano), non perderán nin un minuto en demostrar a culpabilidade do político no caso Metrópolis, descubrindo que o suceso non vira ao redor dun "simple" incendio, senón a ocultar nel o asasinato dunha moza, Ana Sánchez (Andrea Guasch). Terán que enfrontarse á noiva de Jorge, Laura (Silvia Abascal) e á irmá desta, a xornalista Sonia Nieto (Anna Allen), sen saber que todo o asunto salpicará ao círculo familiar da xuíza. As súas fillas Marina (Natalia Sánchez) e Patricia Domenech (Carla Nieto) serán a peza clave que permita a resolución do caso.

2ª tempada

editar

Tras a morte do xornalista Espinosa, a xuíza Ballester (Blanca Portillo) se cerne na investigación do seu asasinato. A filla de Espinosa, Alba, que se atopaba na escena do crime, podería ser moi útil é a resolución do caso, polo que Ballester e o seu equipo farán o posible por dar con ela. Joaquín de la Torre (José Coronado) volverá meterse no medio da investigación cando alguén que se fai chamar Job intentou matalo e agora mándalle cartas ameazadoras de forma anónima. Jorge Vega verase no punto de mira neste caso ao acharse as súas pegadas na escena do crime. Quen matou a Espinosa? Quen quere matar a Joaquín de la Torre? Quen é Job?

Repartimento

editar
Personaxes principais
Secundarios e episódicos
Colaboracións especiais

Capítulos e audiencias

editar
  • 1ª Tempada: 2 692 000 espectadores e 16,0% share
  • 2ª Tempada: 1 565 000 espectadores e 10,8% share
Capítulo Nome Data de emisión Hora Espectadores Share
PRIMEIRA TEMPADA
1
     El caso Metrópolis
Mércores 28 de xaneiro de 2009
22:30h
2 996 000
16,2%
2
     Diego Luque
Mércores 4 de febreiro de 2009
22:30h
2 772 000
15,6%
3
     Secretos
Mércores 11 de febreiro de 2009
22:30h
2 200 000
11,5%
4
     Jugar con fuego
Mércores 18 de febreiro de 2009
22:30h
2 643 000
15,4%
5
     El informe Vila
Mércores 25 de febreiro de 2009
22:30h
2 265 000
15,5%
6
     Fuera de control
Mércores 4 de marzo de 2009
22:30h
2 759 000
16,2%
7
     El sexto cadáver
Mércores 11 de marzo de 2009
22:30h
2 645 000
15,5%
8
     Laura
Mércores 18 de marzo de 2009
22:30h
2 411 000
14,9%
9
     Toda la verdad
Mércores 26 de marzo de 2009
22:30h
2 785 000
16,9%
10
     La clave
Mércores 1 de abril de 2009
22:30h
2 837 000
17,3%
11
     Una cuestión de confianza
Mércores 8 de abril de 2009
22:30h
2 317 000
16,3%
12
     La elección
Mércores 15 de abril de 2009
22:30h
3 044 000
18,0%
13
     Justicia
Mércores 22 de abril de 2009
22:45h[3]
3 316 000
18,5%
SEGUNDA TEMPADA
14
     El misterio de Job
Mércores 13 de xaneiro de 2010
22:40h
1 968 000
10,8%
15
     Cruce de caminos
Mércores 20 de xaneiro de 2010
22:40h
2 199 000
11,7%
16
     Principio de lealtad
Xoves 4 de febreiro de 2010
22:45h
1 455 000
8,3%
17
     Busca y captura
Xoves 11 de febreiro de 2010
22:45h
1 568 000
10,0%
18
     El punto de no retorno
Xoves 18 de febreiro de 2010
23:00h
1 521 000
10,0%
19
     Cenizas
Xoves 25 de febreiro de 2010
23:45h[4]
1 306 000
13,6%
20
     El primero de la lista
Xoves 4 de marzo de 2010
23:00h
1 663 000
11,5%
21
     Luces y sombras
Xoves 11 de marzo de 2010
23:00h
1 532 000
11,1%
22
     El otro lado del espejo
Xoves 18 de marzo de 2010
23:00h
1 309 000
10,2%
23
     Contras las cuerdas
Xoves 25 de marzo de 2010
23:00h
1 356 000
9,9%
24
     Trampa letal
Xoves 1 de abril de 2010
23:00h
1 085 000
9,2%
25
     El último de la lista
Xoves 8 de abril de 2010
23:00h
1 607 000
11,4%
26
     El final del camino
Xoves 22 de abril de 2010
23:00h
1 779 000
12,9%
  1. "Na segunda tempada de 'Acusados' un neno vaise a converter en testemuña dun asasinato"
  2. Alejo Sauras, Tamar Novas e Mónica López incorpóranse a 'Acusados' na súa segunda tempada
  3. Telecinco atrasou o inicio do capítulo para evitar a competencia directa co partido de fútbol da Sexta Barça-Sevilla
  4. Telecinco atrasou o inicio do capítulo pola prórroga do partido de Europa League entre o Valencia CF e o Brujas.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar