Acisclo de Córdoba

Acisclo[1], nado en Córdoba e finado na mesma cidade, o 17 de novembro de 304, foi un mártir de Córdoba, España. canonizado pola Igrexa católica como Santo Acisclo[1]. A súa vida é contada por Euloxio de Córdoba. Foi martirizado durante o mandato do emperador Diocleciano, xunto coa súa irmá Santa Vitoria. A súa festa celébrase o 17 de novembro de cada ano. Segundo a crenza galega, é un dos sete irmáns galaicos de santa Eufemia.[1]

Infotaula de personaAcisclo de Córdoba

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor em Wikidata
Córdoba Editar o valor em Wikidata
Morte313 Editar o valor em Wikidata
Córdoba Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDecapitación Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo
Actividade
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa17 de novembro Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalVictoria (en) Traducir: Acisclus and Victoria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 8383722 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Despois de que fosen arrestados, Acisclo e Vitoria foron torturados. Segundo a tradición, Vitoria foi asasinada con frechas e Acisclo foi decapitado. Na tradición martirolóxica queda descrita a paixón destes santos con gran luxo de detalles. Unha passio do século X relata que o prefecto romano de Córdoba, Dion, ordenou meter a Vitoria e Acisclo nun forno. Cando o prefecto escoitou os cánticos provenientes do forno ordenou que guindalos ao río Guadalquivir atados a pedras. Ambos os santos apareceron flotando sen sufrir dano. Ordenouse entón que colocalos nun lume. Con todo o lume escapou do control dos verdugos e afírmase que morreron moitos pagáns sen afectarse os santos. Deuse finalmente a orde da súa decapitación, razón pola que o santo é representado cunha liña vermella de sangue no pescozo.[2][3]

O poeta Prudencio rendeulle homenaxe en dous breves versos. Pablo García Baena dedicoulle o poema «Himno a los santos niños Acisclo y Victoria» no libro Antiguo Muchacho.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-05. 
  2. Angel Fábrega Grau, Pasionario hispánico, 2 vols., Monumenta Hispaniae Sacra, serie litúrgica, 6 (Barcelona, 1953).
  3. PASSIO SS. MARTYRUM ACISCLI & Victoriae

Véxase tamén editar

Outros artigos editar