As acanaladuras[1] son estrías ou sucos verticais, usualmente de sección semicircular, talladas sobre o fuste dunha columna, un piar, unha pilastra ou nun tríglifo.

Acanaladuras nunhas columnas corintias no Templo de Diana en Évora.

Na columna dórica, están separadas por arestas vivas; na xónica e na corintia, por nervaduras. A orde toscana non ten acanaladuras e son opcionais para as outras ordes.

As acanaladuras eran usadas con motivo decorativo na antigüidade, aínda que actualmente tamén se empregan na fabricación de mobles, na artesanía e na industria metalúrxica.

Tipos de acanaladuras.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acanaladura.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar