Abovian (en armenio: Աբովյան) é unha cidade moderna fundada no ano 1963 no inicio da aldea de Elar. Déuselle o nome de Abovian polo escritor armenio Khachatur Abovian. Sitúase a 10 quilómetros de Iereván.

Modelo:Xeografía políticaAbovian
Աբովյան (hy) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aJatsatur Abovián Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 40°16′26″N 44°37′32″L / 40.2739, 44.6256Coordenadas: 40°16′26″N 44°37′32″L / 40.2739, 44.6256
EstadoArmenia
MarzKotayk (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación44.400 (2015) Editar o valor em Wikidata (6.342,86 hab./km²)
Lingua oficiallingua armenia Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie7 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.450 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal2201–2208 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico(222) Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webabovyan.am Editar o valor em Wikidata

Cunha autoestrada e unha vía férrea que pasa por ela, conecta a capital coas áreas do noroeste, Abovian é considerada como unha cidade satélite de Ierevan. Por esta razón, Abovian é chamada algunhas veces como a "Porta Norte de Iereván". A uns 6 quilómetros da cidade está a cidade-resort Arzni.

Xeografía editar

Abovian está construída sobre a meseta Kotayk entre os ríos Hrazdan, Azat e Getar, a unha altura de 1 450 metros sobre o nivel do mar. É rodeado pola cordilleira Geghama no noroeste, as montañas Hatis e Gutanasar no norte, o desfiladeiro de Hrazdan no oeste e pola montaña de Nork no sur. O clima é continental e seco, con veráns relativamente cálidos e invernos fríos.

Hai un pequeno lago na cidade chamado Akna.

Economía editar

Abovian é unha cidade moi industrializada. Ten moitas fábricas ben desenvolvidas entre as que destacan as plantas de construción de formigón, de transformación de pedra e producións químicas. A cidade é a casa dun dos principais produtores de cervexa no mercado armenio, "Kotayk Brewery", que era propiedade de Castle Group entre 1997 e 2010. Varias empresas en Abovian exportan todo o volume da súa produción industrial.

Deporte e educación editar

O FC Kotayk Abovian é un dos clubs de fútbol máis antigos en Armenia. Como moitos outros equipos de fútbol do país, FC Kotayk foi forzado a omisión da liga de fútbol armenio e, en consecuencia, do fútbol profesional desde 2005, debido á crise financeira.

O municipio de Abovyan dirixe unha escola de deporte na cidade. A cidade alberga o Estadio Municipal Abovian, cunha capacidade de 5 500 persoas.

Abovian ten 10 escolas de ensino público e 9 garderías. A cidade alberga dúas institucións importantes de ciencia en Armenia: o Hospital Republicano da tuberculose e o Instituto Biolóxico da Academia Nacional de Ciencias de Armenia.

Moitos centros culturais funcionan na cidade, como o Palacio cultural de Abovian, o centro da comunidade creativa de nenos e adolescentes, o conservatorio, a escola de arte, a biblioteca pública e o museo de Abovian.

Cidades irmandadas editar

Galería de Imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar