Aborixes tasmanianos

Os aborixes tasmanianos (nomes aborixes: Palawa, Parlevar, Lutrawita ou Trouwunna) son os indíxenas da illa da Tasmania en Australia.

Aborixes tasmanianos
Imaxe dos catro últimos aborixes tasmanianos de ascendencia totalmente indíxena, c. 1860. Truganini, a derradeira supervivente, sentada máis á dereita.
Imaxe dos catro últimos aborixes tasmanianos de ascendencia totalmente indíxena, c. 1860. Truganini, a derradeira supervivente, sentada máis á dereita.
Poboación
Poboación total:
> 17 000 (descendentes de aborixes)
Rexións principais:
Australia Australia17 000
Aspectos culturais
LinguaLinguas tasmanianas (extintas), inglés
RelixiónAnimismo, Cristianismo
Grupos
relacionados
Aborixes australianos
Robert Hawker Dowling, Group of Natives of Tasmania, 1859.

Historia editar

Entre os anos 1803 e 1833, a poboación de aborixes tasmanianos foi reducida dunha estimación de 5 000 persoas a só preto de 300, principalmente debido ós conflitos cos colonizadores británicos e polas doenzas introducidas por estes. Unha das derradeiras aborixes tasmanianas foi Truganini, que morreu en 1876.[1] Porén, actualmente existen moitas persoas descendentes de aborixes tasmanianos nas que perviven algúns aspectos da súa cultura tradicional.

Linguas editar

Hoxe en día considéranse extintas todas aquelas linguas faladas polos aborixes tasmanianos antes da chegada dos colonos europeos. Fanny Cochrane Smith é famosa polas súas gravacións de cancións aborixes en cilindros de fonógrafo, o que representa a única gravación sonora dunha lingua tasmaniana. Así a todo, existe un esforzo para reconstruír unha das linguas que había a partir de listaxes de palabras que se conservaron. A finalidade é a de manter viva a cultura tasmaniana orixinaria a partir de trazos que se mantiveron nalgunhas familias descendentes dos indíxenas tasmanianos.

As diferentes tribos tasmanianas antes de 1803 editar

  • Lairmairrien (Big River)
  • Nuenonnien (Sueste)
  • Tougui (Costa suroeste)
  • Tommeginner (Norte)
  • Tyerremotepanner (Norte)
  • Plangermairiener (Ben Lomond)
  • Pyemmairiener (Nordeste)
  • Pirappien (Noroeste)
  • Paredarermien (Baía das ostras)

Notas editar

  1. William Dalrymple (14 de outubro de 2007). "A lesson in humility for the smug West" (HTML). The Sunday Times. Consultado o 14 de marzo de 2008. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar