Fanny Cochrane Smith

Fanny Cochrane Smith, (cara o 1834 - 24 de febreiro de 1905) foi unha aborixe tasmaniana, a primeira en nacer tralo traslado da poboación indíxena de Tasmania a Wybalena, na Illa Flinders. É famosa polas súas gravacións de cancións aborixes en cilindros de fonógrafo, que representan as únicas gravacións sonoras dunha lingua tasmaniana.

Fanny Cochrane Smith
Fanny Cochrane Smith.jpg
Nacementodecembro de 1834
Lugar de nacementoIlla Flinders
Falecemento24 de febreiro de 1905
Lugar de falecementoPort Cygnet
Causapneumonía
NacionalidadeAustralia
editar datos en Wikidata ]

Tivo 11 fillos e unha porcentaxe alta da poboación aborixe actual de Tasmania é descendente súa. Existe algunha polémica sobre a data exacta da súa morte e se foi ela ou Truganini a derradeira aborixe de ascendencia totalmente indíxena. Morreu de pneumonía e pleurite o 24 de febreiro de 1905, en Port Cygnet.

A gravación das cancións de Smith serviu de inspiración ó cantante australiano de folk Bruce Watson, que escribiu "O home e a muller e o fonógrafo de Edison".[1] O avó de Watson, chamado Horace, colaborara na gravación de Fanny Cochrane Smith, e no museo nacional de Australia atópase unha fotografía de Watson con ela.

NotasEditar

  1. "Musicological Society of Australia". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2008. Consultado o 02 de abril de 2012. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar