Robert Hawker Dowling

artista australiano

Robert Hawker Dowling, nado en 1827 e finado en 1886, foi un artista colonial australiano.

Robert Hawker Dowling
Nacemento4 de xullo de 1827
Lugar de nacementoColchester
Falecemento8 de xullo de 1886
Lugar de falecementoLondres
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónpintor
editar datos en Wikidata ]
Grupo de Indíxenas de Tasmania (1859)

Traxectoria editar

Dowling naceu en Inglaterra, sendo o fillo máis novo do reverendo Henry Dowling e da súa muller Elizabeth, née Darke. Chegou a Launceston, Tasmania cos seus pais en 1839 no barco Janet. Recibiu clases de arte de Thomas Bock e Frederick Strange, e en 1850 anunciouse como pintor de retratos. En 1856, Dowling marchou a Londres coa axuda dos seus amigos de Launceston. Exhibiu 16 pinturas na Royal Academy entre 1859 e 1882 e outras no British Institute. De volta en Launceston, foi até Melbourne e pintou retratos de Henry Loch, James Moorhouse, Francis Ormond e outros. Regresou de novo a Londres en 1886 e morreu pouco despois da súa chegada.

O 2 de maio de 2007, unha das pinturas de Dowling, Masters George, William and Miss Harriet Ware with the Aborigine Jamie Ware, foi vendida por A$823 500 á National Gallery of Victoria.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • H. Button, Flotsam and Jetsam (Launceston, 1909); 'no 364. "Early Effort: Art in Australia"', Art-Journal (Londres), 1860, p 169; Art-Journal (Londres), 1860, pp 351, 379; Examiner (Launceston), 5, 19 de marzo de 1851, 25 de agosto de 20, 23 de outubro de 1860, 19 de febreiro de 1863, 16 de febreiro de 1864, 15, 17 de xullo de 1886; Atlas (Londres), 25 de agosto de 1860; Cornwall Chronicle (Launceston), 20 de outubro de 1860, 29 de xuño de 1877; Daily Telegraph (Launceston), 23 febreiro, 26 de marzo de 1885, Tasmanian (Launceston), 24 de abril de 1886

Ligazóns externas editar