Abelardo López Varela

político galego

Abelardo López Varela, nado en Miño cara a 1886, foi un político galego.

Infotaula de personaAbelardo López Varela
Biografía
Nacemento1886 Editar o valor em Wikidata
Miño Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1933 Editar o valor em Wikidata - 1937 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
11 de agosto de 1937Evasión de La Golondrina Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xornaleiro de profesión. Foi un dos impulsores da Agrupación Socialista de Miño con María Vázquez Suárez en 1933. Na asemblea constituínte da AS celebrada en marzo de 1936, foi elixido secretario.[1] Logo do triunfo do Frente Popular foi nomeado concelleiro de Miño e foi elixido segundo tenente de alcalde.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. O 11 de agosto de 1937 conseguiu fuxir na lancha pesqueira "La Golondrina" xunto con Ricardo Pérez Medín e outros nove compañeiros e logrou chegar a Francia. Abríuselle causa en Ferrol por rebelión militar (sustración da motora Golondrina),[3] e foi declarado fuxido e en rebeldía.

Notas editar

  1. "Inicios de la Agrupación Socialista de Miño". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  2. La Voz de Galicia, 15-7-1936, p. 8.
  3. Requisitoria en BOE, 23-2-1938, p. 5927-5928.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar