Abrir o menú principal

Abel Santamaría Cuadrado, nado en Encrucijada, Cuba, o 20 de outubro de 1927 e finado en Santiago de Cuba o 26 de xullo de 1953, foi un militante político da Revolución Cubana, con orixe galega.

Abel Santamaría
Abel Santamaría Cuadrado.jpg
Nacemento20 de outubro de 1927
 Encrucijada
Falecemento26 de xullo de 1953
 Santiago de Cuba
NacionalidadeCuba
Ocupaciónlíder revolucionario
editar datos en Wikidata ]

Abel Santamaría foi un activista revolucionario cubano que participou activamente no asalto ao cuartel Moncada onde foi feito prisioneiro, torturado e asasinado.

Índice

Infancia e mocidadeEditar

Abel Santamaría naceu en Encrucijada, provincia de Villa Clara (Cuba), o 20 de outubro de 1927. Fillo de Benigno Santamaría Vázquez, un galego da provincia de Ourense que emigrara a Cuba a principios do século XX e de Joaquina Cadrado, tamén emigrante española procedente de Salamanca, con quen casou no ano 1912.

De moi neno trasladouse coa súa familia ao Central azucreiro Constancia, onde o seu pai traballou como xefe de taller de carpintaría. Alí transcorreu a súa nenez xunto ás súas irmás Haydée, Aída e Ada, e ao seu irmán Aldo, e cursou a primaria. Foi un gran afeccionado á poesía gañando algún premio durante a súa etapa escolar.

Con 13 anos coñeceu a Jesús Menéndez, líder sindicalista a quen chamaban “General de las Cañas” que o impulsou polo camiño das ideas socialistas.

Apenas terminou a primaria, comezou a traballar no central azucreiro: foi mozo de limpeza, despachador de mercadoría e finalmente oficinista. Desde entón entrou en contacto cos traballadores azucreiros, que anos atrás dirixira Jesús Menéndez. En 1946, con 19 anos de idade, Abel decidiu viaxar á Habana en busca de maiores posibilidades de traballo e estudo. Logrou levar xunto ás súas actividades laborais os seus estudos de bacharelato. Cando a súa situación económica lle permitiu alugar un apartamento, Santamaría mandou a buscar á súa irmá Haydée, quen era a máis afín cos seus intereses e pensamento político. Despois de varios meses de preparación, aproba o ingreso na Escola Profesional de Comercio e máis tarde ao Instituto N.º 1 de Segundo Ensino, na Habana.

Abel comeza a traballar na textilera Ariguanabo no municipio de Bauta, pero non deixa de asistir ás clases nocturnas. Ingresa no Partido do Pobo Cubano (Partido Ortodoxo) para encauzar as súas crecentes inquietudes políticas e sociais, realizando campañas de apoio a través da mocidade a favor do seu líder Eduardo Chibás.

Posteriormente Abel ocupa o cargo de contador-tesoureiro na axencia de automóbiles Pontiac. Aluga o pequeno apartamento 603 da rúa 25 número 164 esquina O, no Vedado. A partir deste momento trae a vivir con el á súa irmá Haydée, quen xunto a Melba Hernández serían as primeiras mulleres que tomarían parte nas accións do asalto ao cuartel Moncada, o 26 de xullo de 1953.

As súas inquietudes políticas levárono a ingresar na Mocidade Ortodoxa e ao producirse o golpe militar de Fulgencio Batista, o 10 de marzo de 1952, foi dos primeiros en manifestar a súa repulsa combativa polos feitos, onde coincidiu con Fidel Castro en que “había que facer algo contra a ditadura”. Abel e Fidel coñecéronse persoalmente durante os actos de conmemoración do 1 de maio de 1953 e pronto comezaron a xestar o asalto ao cuartel Moncada

Alí reuníanse ademais Elda Pérez, Jesús Montané, Raúl Gómez García e outros combatentes, para loitar contra a ditadura de Fulgencio Batista.

Encontro con Fidel CastroEditar

No acto do Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) de 1952 en homenaxe ao obreiro Carlos Rodríguez, asasinado o ano anterior pola policía, Abel atopou a quen, como el, cría que "unha revolución non se fai nun día pero comézase nun segundo": coñeceu a Fidel Castro. Fidel pola súa banda coñeceu a quen había de ser o máis xeneroso, querido e intrépido dos mozos que con el asaltarían 15 meses despois o cuartel Moncada. Ese estreitamento de mans selaba nun só o destino histórico daqueles homes e deviría en factor acelerante do triunfo da Revolución. Anos máis tarde, Fidel sería o líder do Movemento 26 de Xullo, creado en 1955 tras o asalto ao cuartel Moncada o 26 de xullo de 1953. Santamaría consideraba que o derrocamento do goberno batistiano sería soamente o punto de partida das transformacións sociais que o pobo cubano necesitaba.

O xornal «El Acusador»Editar

Abel e o pequeno grupo de compañeiros que contactaban con el no apartamento 603, imprimían o xornal clandestino Son los Mismos, cuxo director era Raúl Gómez García. Fidel suxeriu un nome máis combativo e así xurdiu El Acusador, o 1 de xuño de 1952. Do seu tres números, o último distribuíuse o 16 de agosto do mesmo ano na peregrinación ao cemiterio Colón con motivo do primeiro aniversario da morte de Chibás. Ese día Abel foi detido e conducido ao Castelo do Príncipe. Por este feito foi xulgado polo Tribunal de Urxencia.

Posteriormente, Abel e Fidel trasladáronse á provincia de Matanzas para contactar co doutor Mario Muñoz, quen ademais de médico era radioaficionado. Muñoz entregoulles dúas pequenas plantas, as cales foron trasladadas á Habana co fin de fustigar á tiranía. Todos os mozos que editaban o xornal clandestino incorporábanse ao movemento revolucionario.

O asalto ao cuartel MoncadaEditar

O apartamento de Santamaría converteuse nun centro de reunión dos mozos que recrutaba Fidel. Moitos deles participaran en accións de protesta e en actividades políticas da Mocidade Ortodoxa, en barrios populares da Habana e os seus arredores. Santamaría chegou a ser o aglutinador deses mozos, cuxo número pasou de 1200. Aínda que todos recibiron certo tipo de adestramento con armas, moitos deles non puideron participar no asalto programado para o 26 de xullo.

Cando todo estivo listo, xa en Santiago de Cuba, Abel pediu o lugar de maior risco para preservar a vida de Fidel. Pola súa banda, Fidel expuxo que sería el, e non outro compañeiro, o que ocupase o posto máis perigoso, ou sexa o asalto pola posta 3 do Moncada e díxolle a Abel que o mandaría á retagarda (a tomar o edificio do Hospital Civil Saturnino Lora), onde, segundo os plans, non habería que combater, senón só ocupalo para que o exército de Batista non o fixese baixo ningunha circunstancia.

Foi xunto a Fidel o organizador do asalto ao Cuartel Moncada. Pola súa capacidade organizativa vai a Santiago de Cuba a ultimar os plans para a acción do Moncada. A noite do 25 de xullo, Fidel e Abel falaron aos reunidos para explicarlles as súas misións no combate, e Abel expresaría: "É necesario que todos vaiamos con fe no triunfo; pero se o destino é adverso, estamos obrigados a ser valentes na derrota, porque o que pasou aí verase coñecido algún día e a nosa vontade de morrer pola patria será imitada por todos os mozos de Cuba. O noso exemplo merece o sacrificio e mitiga a dor que podemos causar aos nosos pais e outros seres queridos. Morrer pola a Patria é vivir!".

O plan era tomar por asalto o cuartel Moncada vestidos con uniformes do goberno. Con todo, o plan foi descuberto a partir dunha posta que o rexemento no cuartel agregou aos uniformes, precisamente por motivo dos entroidos que se celebraban por aqueles días en Santiago de Cuba. Este feito frustrou o asalto por sorpresa, iniciándose o combate no cuartel.

Santamaría estaba consciente de que os plans non saíran ben e procedeu a dirixir a carga ao cuartel Moncada por outro flanco, dando tempo para que Fidel Castro e os seus compañeiros puidesen retirarse e encamiñarse ás montañas de Sierra Mestra, próximas a Santiago de Cuba. Aínda despois de que o lume no Moncada cesara e todo indicaba que a acción fracasara, Santamaría deu ordes aos seus homes de continuar o combate desde as súas posicións.

MorteEditar

A Abel Santamaría correspondíalle a toma do hospital civil Saturnino Lora. Ao fracasar a acción armada foi feito prisioneiro polas forzas do goberno, xunto con varios compañeiros. Primeiro leváronos a un hospital, a curar as súas feridas (para evitar que morresen) e despois leváronos ás celas do Rexemento n.º 1.

Os torturadores militares querían que confesase o nome do xefe do movemento e os seus plans, pero Abel gardou silencio do mesmo xeito que os demais. Primeiro golpeárono, despois queimáronlle os brazos e, nun acto de barbarie, baleiráronlle un ollo. Pero Santamaría non dixo unha palabra nin proferiu unha queixa. Finalmente asasinárono.

Minutos despois os torturadores dirixíronse a Haydée e Melba para ameazalas tamén de morte e así tratar de que delatasen a aqueles que asaltaran a Posta 3. Cando lle mostraron a Haydée o ollo do seu irmán e lle dixeron que o mataran, ela entendeu que el, que o sabía todo, non falara. Tamén lle dixeron que lle arrincaron os testículos ao seu noivo, Boris Luís Santa Coloma, e que o asasinaran tamén.

Tanto Abel Santamaría como os demais compañeiros saíran con vida do hospital: eses foron os primeiros asasinatos a prisioneiros, o 26 de xullo de 1953. A morte de Santamaría foi un duro golpe para o movemento revolucionario que se estaba iniciando en Cuba.

El elegidoEditar

O cantautor cubano Silvio Rodríguez, un dos representante da Nova Trova Cubana, compuxo en 1968 o tema Canción del elegido en honra de Abel Santamaría. Silvio coñeceu á irmá de Abel, Haydee Santamaría, quen foi guerrilleira con Fidel Castro en Sierra Maestra, e quen entre outras moitas historias lle contou a do seu irmán.[1]

NotasEditar

  1. "Abel Santamaría fue El Elegido". La Opinión (A Coruña) (en castelán). 9 de decembro de 2010. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar