Abel Carbajales Gutiérrez

Abel Carbajales Gutiérrez, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaAbel Carbajales Gutiérrez
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Mestre en Ansemil, foi un dos fundadores da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense. Militante de Izquierda Republicana, foi concelleiro de Celanova dende marzo de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de depuración, aínda que non foi separado do servizo, grazas ás xestións da súa dona, pertencente a unha familia relixiosa e conservadora, foi sancionado con suspensión de emprego e soldo por dous anos, traslado forzoso dentro da provincia e inhabilitación para cargos directivos.[2] Foi destinado a Vilapún (Cervantes) en novembro de 1940.[3]

Vida persoal

editar

Casou con Dolores Santa Eufemia, filla de Francisco Santa Eufemia, en abril de 1934.[4]

  1. El Pueblo Gallego, 21-3-1936, p. 13.
  2. La Región, 8-5-1940, p. 4.
  3. La Región, 10-11-1940, p. 1.
  4. El Pueblo Gallego, 4-4-1934, p. 10.