Abdul Hamid II

Abdul Hamid II (en turco otomán: عبد الحميد ثانی, `Abdü’l-Ḥamīd-i sânî; en turco: İkinci Abdülhamit), nado en Istambul o 21 de setembro de 1842 e finado na mesma cidade o 10 de febreiro de 1918, foi o 34.º sultán do Imperio Otomán e o último que exerceu control efectivo sobre o estado en descomposición.[1] Dirixiu o imperio durante o período de decadencia, con rebelións particularmente nos Balcáns, e tivo unha guerra sen éxito contra o Imperio Ruso, seguida doutra guerra vitoriosa contra o reino de Grecia en 1897. Hamid II gobernou dende o 31 de agosto de 1876 ata que foi deposto pouco despois da revolución dos Mozos Turcos o 27 de abril de 1909. Por un acordo cos republicanos Mozos Otománs, promulgou a primeira constitución otomá o 23 de decembro de 1876,[2] que foi un sinal de pensamento progresista que marcou o principio do seu goberno. Con todo, máis adiante, notou a influencia occidental nos asuntos otománs e citando desacordos co parlamento[2] suspendeu tanto a constitución como o parlamento en 1878 e obtivo un maior poder e control efectivo.

Abdul Hamid II
Ahamid.jpg
Nacemento21 de setembro de 1842
Lugar de nacementoIstambul
Falecemento10 de febreiro de 1918
Lugar de falecementoIstambul
SoterradoMausoleum of Mahmud II
NacionalidadeImperio Otomán
RelixiónIslam e Islam
Ocupaciónmonarca
PaiAbd-ul-Medjid I
NaiTirimüjgan
CónxuxeMediha Nazikeda Kadın, Nurefsun Kadın, Bedrifelek Kadın, Bidar Kadınefendi, Azize Dilpesend Kadın, Mezidemestan Kadın, Emsalinur Kadın, Müşfika Kadın, Sazkar Hanım, Peyveste Hanım, Fatma Pesend Hanım, Behice Hanım e Saliha Naciye Kadın
FillosUlviye Sultan, Şehzade Mehmed Selim, Zekiye Sultan, Naime Sultan, Naile Sultan, Şehzade Mehmed Burhaneddin, Şadiye Sultan, Hamide Ayşe Sultan, Refia Sultan, Şehzade Abdurrahim Hayri, Şehzade Mehmed Abid, Hatice Sultan, Şehzade Mehmed Abdülkadir e Şehzade Mehmed Burhaneddin
IrmánsMurat V, Mehmed V, Şehzade Mehmed Burhaneddin, Şehzade Ahmed Nureddin, Şehzade Selim Süleyman, Mehmed VI e Ahmed Kemaleddin
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Orde da Aguia Negra, Ordem do Serafim, Gran Cruz da Orde de San Olaf, Ordem da Anunciação, Grã-Cruz da Ordem da Torre e Espada e Grand Commander of the Royal House Order of Hohenzollern
Na rede
WikiTree: Osmanlı-5
Tughra of Abdülhamid II.svg
editar datos en Wikidata ]

A modernización do Imperio Otomán tivo lugar durante o seu reinado, e incluíu a reforma da burocracia e a extensión da rede de ferrocarrís. Ademais desta modernización, estableceuse un sistema para rexistrar a poboación e o control da prensa, ademais da primeira lei de educación moderna en 1898. Na educación foi onde máis alcance tiveron estas modernizacións, establecéndose moitas escolas profesionais (dereito, artes, comercio, enxeñaría, veterinaria, aduanas, granxa, lingüística...). A universidade de Istambul, a pesar de ser pechada por Hamid II en 1881, reabriu en 1900, e estenduse a rede de escolas secundarias, primarias e militares. Desenvolvéronse os sistemas de trens e telégrafos, principalmente por empresas alemás.[2] Durante o seu reinado, o imperio caeu na bancarrota, levando ao establecemento da Administración Otomá da Débeda Pública en 1881.

No estranxeiro, Abdul Hamid II foi alcumando o "Sultán Vermello" ou "Abdul o Maldito", debido aos masacres de armenios e asirios durante a súa etapa e ao uso da policía secreta para silenciar os disidentes e republicanos.[3][4] Estas iniciativas provocaron un intento de asasinato en 1905 por revolucionarios armenios.[5]

NotasEditar

  1. Overy, Richard páx. 252, 253 (2010)
  2. 2,0 2,1 2,2 "Abdulhamid II | biography – Ottoman sultan". Consultado o 2015-09-29. 
  3. "Sultan beaten, capital falls, 6,000 are slain". The New York Times. 25 de abril de 1909. 
  4. Hamamdjian, Vahan (2004). Vahan's Triumph: Autobiography of an Adolescent Survivor of the Armenian Genocide. iUniverse. p. 11. ISBN 978-0-595-29381-0. 
  5. Panossian, Razmik (13 de agosto de 2013). The Armenians: From Kings and Priests to Merchants and Commissars. Columbia University Press. p. 165. ISBN 978-0-231-13926-7. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar