Abdou Thiam
Abdou Thiam, nado o 13 de agosto de 1998 en Senegal, é un xogador de baloncesto profesional senegalés que xoga no Juaristi ISB da Liga LEB Ouro.
Juaristi | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1998 (25 anos) |
Nacionalidade | Senegal |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 98 kg (216 lb) |
Posición | Pivote |
Información da carreira | |
Carreira | dende 2016 |
Historial de equipos | |
Santo Domingo Betanzos (2016–2019) Leyma Coruña (2019–2022) Juaristi ISB (2021–presente) |
Traxectoria
editarA ilusión de Abdou era ser xogador profesional de baloncesto e ocorréuselle que a mellor forma de promocionarse era publicando un vídeo en YouTube onde se mostraba realizando mates nunha canastra en Dakar. O seu vídeo non pasou desapercibido e recibiu chamadas de diferentes equipos europeos, recalando finalmente nas Canarias, onde tras un curto periplo aterrou en Betanzos.
Chegou dende Senegal con 18 anos e durante 3 tempadas formaría parte do Santo Domingo de Betanzos en liga EBA, onde ademais de mellorar as súas condicións técnicas e tácticas axudáronlle en fortalecer o seu impoñente físico (á súa chegada pesaba só 86 quilogramos e medía 2.11 metros).[1]
Durante a tempada 2018-19 en liga EBA, o xogador senegalés promedió 30 minutos de xogo nos que anotou 17.6 puntos e capturou 14.3 rebotes para unha valoración media de 29 puntos.
En xuño de 2019, o Leyma Coruña anuncia a fichaxe do pivote senegalés para as súas filas na tempada 2019/2020.[2]
Para a tempada 2021-22, foi cedido ao Juaristi ISB da liga LEB Oro.
O 30 de xuño de 2022 o Leyma Coruña e o xogador senegalés acordan a finalización do contrato que aínda estaba vixente.[3]
Notas
editar- ↑ "Abdou Thiam, el niño gigante se hace mayor en Betanzos". FEB (en castelán). 12 de novembro de 2018.
- ↑ "Abdou Thiam, incorporación de un diamante en bruto para el Leyma Coruña". FEB (en castelán). 25 de xuño de 2019.
- ↑ "Abdou Thiam se despide del Leyma Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xuño de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en Feb.es (en castelán)