Abdelhak Nouri

futbolista neerlandés

Abdelhak Nouri, nado en Ámsterdam o 2 de abril de 1997, é un exfutbolista marroquí-neerlandés que ten contrato co Ajax. Recibiu o Golden Stier ao mellor futbolista da Primeira División na tempada 2016/17. En xullo de 2017, sufriu dano cerebral grave e permanente tras unha parada cardíaca durante un partido amigable.

Abdelhak Nouri
Información persoal
Nacemento 2 de abril de 1997
Lugar de nacemento Ámsterdam
Altura 170 centímetros
Posición centrocampista
Na rede
Facebook: NouriOfficial Instagram: abdelhak_nouri UEFA: 250081206 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nouri procede dunha familia numerosa, fillo dun carnicero marroquí do barrio de Geuzenveld en Ámsterdam [1][2]. Á idade de trece anos o columnista Henk Spaan eloxiouno no xornal Het Parool polas súas calidades futbolísticas. O xornal británico The Guardian tamén o incluíu en 2014 como un dos 40 maiores talentos futbolísticos nacidos no ano 1997[3].

Ajax editar

Nouri entrou con sete anos na academia xuvenil do AFC Ajax e pasou por todos os equipos xuvenís [4] e considerárono un dos maiores talentos da academia, incorporándose ao primeiro equipo no descanso invernal da tempada 2014/15 no campo de adestramento en Qatar canda Donny van de Beek e o gardameta Indy Groothuizen[5], adestrando regularmente co primeiro equipo e ampliando o seu compromiso un ano, ata mediados de 2018[6], e asinou o novo contrato a finais de xaneiro[7].

O 13 de marzo de 2015 debutou profesionalmente co filial Jong Ajax na Eerste Divisie nun partido como visitante contra o VVV-Venlo, que se perdeu por 1-0, e no que Nouri entrou por Danny Bakker no minuto 78 [8] Seis meses despois do seu debut, prorrogou o contrato xunto con Donny van de Beek e Václav Černý ata mediados de 2020 [9]. Durante o descanso de inverno en xaneiro de 2016, Nouri uniuse de novo ao primeiro equipo no campo de adestramento, desta volta na cidade turca de Belek. Nesa estadía debutou oficialmente co Ajax o 9 de xaneiro de 2016 nun encontro amigable con Hamburger SV. Nouri incorporouse ao equipo no minuto 78 no canto de Amin Younes. O partido gañouno o Ajaz por 1-3. Nouri marcou o seu primeiro gol no fútbol profesional o 22 de abril de 2016 co Jong Ajax contra do FC Volendam nun partido que acabou con empate a 1-1 [10].

O adestrador do Ajax, Peter Bosz, levouno ao equipo principal durante a preparación da tempada 2016/17 [11]. Así e todo, principiouna nas ringleiras do Jong Ajax. Bosz incluíuno o 21 de setembro de 2016 nun partido da Copa KNVB contra do Willem II[12]. E Nouri debutou oficialmente no equipo principal durante este partido de copa no que o Ajax gañou 5-0. Entrou por Hakim Ziyech no minuto 73 e fixo o seu primeiro gol para o Ajax cun tiro directo pouco antes do remate do encontro. Aínda que só xogou brevemente, as críticas foron moi eloxiosas. Nouri debutou na UEFA Europa League o 24 de novembro de 2016, nunha vitoria por 2-0 na casa contra do Panathinaikos F.C.

En maio de 2017 gañou o Gouden Stier como o mellor futbolista da Eerste na tempada 2016/17 [13].

Colapso editar

O 8 de xullo de 2017 durante un partido amigable no Zillertal austríaco contra do Werder Bremen, Nouri perdeu de súpeto a conciencia e tras os servizos de asistencia reanimalo transportárono nun helicóptero medicalizado ao hospital universitario de Innsbruck, localizado a case setenta quilómetros. Á noite, Nouri permaneceu durmido artificialmente nun intento de acelerar a súa recuperación; entón estaba fóra de perigo [14]. O Ajax anunciou que se trataba de arritmia cardíaca [15]. O 13 de xullo de 2017 anunciouse que Nouri sufrira danos cerebrais graves e permanentes por falta de osíxeno durante a súa parada cardíaca [16]. Unha gran parte do seu cerebro xa non funcionaba e a posibilidade de recuperación considerábase nula.

En agosto de 2018 saíu do coma, recoñeceu e foi capaz de se comunicar con membros da súa familia movendo a boca e os ollos[17], permaneceu nun hospital ata marzo de 2020 cando pasou ao coidado da súa familia[18].

Notas editar

  1. Paul Onkenhout, Charmante Abdelhak 'Appie' Nouri brengt hoop. Volkskrant, 1 de outubro de 2016
  2. Nouri: "Ik moet geduldig zijn", ajax1.nl, 30 de marzo de 2016
  3. (en inglés)Next Generation 2014: 40 of the best young talents in world football, The Guardian, 14 de outubro de 2014
  4. "Even voorstellen: Abdelhak Nouri". Ajax.nl. 29 de novembro de 2014. 
  5. "Ajax met 29 spelers naar Qatar". Ajax.nl. 2 de xaneiro de 2015). 
  6. "Abdelhak Nouri langer bij Ajax". Ajax.nl. 5 de xaneiro de 2015. 
  7. "Ajax en Nouri bekrachtigen contract". Ajax.nl. 26 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2017. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  8. "Jong Ajax onverdiend ten onder in Venlo". Ajax.nl. 3 de marzo de 2015. .
  9. "Ajax verlengt contracten toptalenten". Ajax.nl. 20 de outubro de 2015. 
  10. "Jong Ajax deelt punten met Volendam". Ajax.nl. 22 de abril de 2016). 
  11. "Bosz geeft talenten de kans bij Ajax". Vi.nl. 25 de xuño de 2016. 
  12. "Nouri en De Jong debuteren in wedstrijdselectie Ajax". Vi.nl. 20 de setembro de 2016). 
  13. "Nouri beste speler van Jupiler League". De Telegraaf, 16 de maio de 2017
  14. "Abdelhak Nouri buiten levensgevaar". ajax.nl. 8 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2017. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  15. Twitteraccount Ajax, twitter.com, 8 de xullo de 2017
  16. Bart Hinke, "Het is 'hopen en bidden' voor Abdelhak Nouri". NRC Handelslblad, 9 de xullo de 2017
  17. Sky Sports News (21 de agosto 2018). "Ajax's Nouri awake after year-long coma". Sky Sports. 
  18. Westwood, James (27 de marzo de 2020). "Ajax star Nouri improving and watching football after waking from coma". Goal.