Abd al-Rahman I

(Redirixido desde «Abd ar-Rahman I»)

Abd al-Rahman I[1] (Abderramán, Abd ar-Rahman ou ‘Abd al-Rahmán), nado en Damasco en 731 e finado en Córdoba en 788, foi un Califa andalusí.

Abd al-Rahman I
Nacemento731
Lugar de nacementoRif Dimashq e Damasco
Falecemento30 de setembro de 788
Lugar de falecementoCórdoba
SoterradoAlcázar Califal (Córdoba)
NacionalidadeCalifato omeia e Emirato de Córdoba
RelixiónSunnismo
Ocupaciónpolítico, gobernante e líder militar
PaiMuawiya ibn Hisham
FillosHisham
Na rede
WikiTree: Umayyad-11
editar datos en Wikidata ]
Estatua de Abderramán I. Almuñécar, España

Foi o fundador dunha dinastía musulmá que gobernou al-Andalus por case tres séculos, e membro da dinastía omeia, pois era neto de Hisham ibn Abd al-Malik, o décimo califa Omeia.

TraxectoriaEditar

Era coñecido como o emigrante, tivo que fuxir de Damasco cando os abásidas derrotaron aos omeias e procurou refuxio en Palestina e Siria. A través de Exipto chegou ao norte de África e despois de catro anos refuxiouse entre a tribo bérber dos Nazca (Mauritania) da cal proviña a súa nai. De aí pasa á Península Ibérica, onde contaba cun certo número de partidarios e se sentía máis a salvo da persecución dos axentes ao servizo dos abásidas, que pretendían acabar con todos os membros da dinastía omeia.

Desembarcou no porto de Almuñécar o 14 de agosto do 755, contando co apoio das tribos iemenís e sirias de al-Andalus. En marzo do 756 entrou en Sevilla e o 15 de maio derrotou ao emir Yusuf al-Fihri, entrou en Córdoba e foi proclamado emir.

Durante o seu reinado dedicouse a establecer un estado centralizado. Tivo que facer fronte a sublevacións e revoltas incluída a dalgúns membros da súa familia. Protexeu os artistas e poetas, e foi ele mesmo autor de poesías. Recibiu o alcume de O Xusto.

Tamén, baixo o seu reinado, iníciase a construción no ano 785 da Mesquita de Córdoba sobre a localización da Basílica visigoda de San Vicenzo Mártir, que foi construída no século VI. No mesmo terreo iníciase a edificación do oratorio ou haram no ano 786.

Morreu após trinta e dous anos de reinado, deixando o trono ao seu fillo Hicham, en detrimento de Solimán e de Abd-Alláh, seus irmáns mais vellos.

NotasEditar

  1. "And al-Rahman". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 22.