Abakán

Abakán[1] ou Abakan[2] (en ruso: Абакан), cidade de Rusia (159 500 habitantes en 2004) capital da provincia autónoma de Khakassia en Siberia, na confluencia dos ríos Abakán e Ienisei.

Escudo de Abakán

Ata 1925 denominada Abakansk ou Ust-Abakanskoye e entre 1925 e 1931 Khakassk.

De 1675 datan as primeiras construcións do que sería a cidade, pero o desenvolvemento da cidade débese ao forte construído por Pedro o Grande no ano 1707.
Preto da cidade está o Túmulo de Li Kitai, nos que aparecen estatuas de homes de grande altura cubertos por xeroglíficos.

NotasEditar

  1. Enciclopedia Galega Universal.
  2. «Abadan». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 1. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 20. 

Ligazóns externasEditar

Web da cidade, en ruso