Lingua aari

(Redirección desde «Aari»)

O aari ou ari é lingua afroasiática do grupo omótico falada no sur de Etiopía, na rexión das montes Jinka.

Aari
aari
Falado en: Etiopía
Rexións: Jinka
Total de falantes: 158.857
Familia: Linguas omóticas
 Linguas omóticas do sur
  Aari
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: aiz
Mapa
Status

Falantes editar

Un total de 158.857 persoas teñen o aari como lingua materna, deles 129.350 son monolingües, e para 13.319 persoas é unha segunda lingua (censo 1998).

Dialectos editar

Aínda que non hai ningún estudo en profundidade sobre a lingua crese que está dividido en cando menos dez dialectos, que se corresponde con cada unha das tribos:
Gozza, Baci, Bio, Galila, Laydo, Seyki, Shangama, Sido, Wubahamer e Zeddo.
O Sido é o dialecto central.

Produción editorial editar

A produción de libros en aari limítase a traducións de carácter relixioso feito por misioneiros protestantes (1997 tradución do Novo Testamento) e libros para a aprendizaxe da lectoescritura.

Historia e crenzas editar

Os aaris, un pobo agrícola, vivían en tribos estruturados en clans ata que en 1897 foron reducidos por Menelik II á servidume. Houbo que agardar ata 1974 para que a terra volvera ao pobo aari. Aínda que hai unha igrexa copta en case todas as aldeas aari, a maioría dos aari mantén as crenzas tradicionais. Dende 1950 arredor dun 15% dos aari converteuse ao protestantismo.

Bibliografía editar

  • "Notes on the Aari Language", Richard Hayward. Capítulo 8 de Omotic Language Studies, ed. Richard Hayward. SOAS: Londres 1990 (traballo realizado analizando a lingua dun estudante aari da Universidade de Adís Abeba, foi o primeiro estudo da lingua).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar