A princesa prometida
A princesa prometida (en inglés: The Princess Bride) é un filme estadounidense dirixido por Rob Reiner que se estreou en 1987. Está baseada na novela homónima de 1973, da autoría de William Goldman, que combina comedia, aventura, amor e fantasía. O filme foi dirixido por Rob Reiner sobre un guión do propio Goldman. Entre outros actores, Billy Crystal, Peter Falk ou Fred Savage atópanse no elenco.
A princesa prometida | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Princess Bride |
Director | Rob Reiner |
Produtor | Rob Reiner Andrew Scheinman Norman Lear |
Guión | William Goldman |
Intérpretes | Cary Elwes Robin Wright Mandy Patinkin Chris Sarandon André the Giant Christopher Guest Fred Savage Wallace Shawn Billy Crystal Carol Kane |
Música | Mark Knopfler |
Fotografía | Adrian Biddle |
Montaxe | Robert Leighton |
Distribuidora | 20th Century Fox (USA) Vestron Pictures (Internacional) MGM Studios (VHS/DVD) |
Estrea | 25 de setembro de 1987 |
Duración | 98 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Aventuras, Fantasía |
Orzamento | $15 000 000[1] |
Recadación | $30 857 814 |
Na rede | |
http://www.princessbrideforever.com/ | |
|
Sinopse
editarA narración está enmarcada por unha escena en que un neno enfermo na cama acepta sen ganas que o seu avó lle lea unha "historia de princesas e vinganza". O filme segue o fío da historia, interrompida polos comentarios do neno, cada vez máis interesado, e do avó:
Unha fermosa moza de nome Buttercup vive nunha granxa no país de Florin. A cada orde que dá ao seu criado Westley, este responde sempre "como desexe", e a fai rapidamente. Buttercup acaba por darse de conta que a frase "como desexe" significa que a ama. Xúranse fidelidade eterna e Westley marcha procurar fortuna para poder casar. Porén, o seu barco é atacado polo terrible pirata Roberts, coñecido por non deixar superviventes. Cinco anos máis tarde, crendo a Westley morto, Buttercup casa de mala gana co príncipe Humperdinck, herdeiro do trono de Florin.[2]
Personaxes
editar- Cary Elwes como Westley
- Robin Wright como Buttercup
- Chris Sarandon como Príncipe Humperdinck
- Mandy Patinkin como Inigo Montoya
- Christopher Guest como Conde Tyrone Rugen
- André Roussimoff como Fezzik
- Wallace Shawn como Vizzini
- Peter Falk como O avó/Narrador
- Fred Savage como O neto
- Billy Crystal como Miracle Max
- Carol Kane como Valerie
- Peter Cook como The Impressive Clergyman
- Mel Smith como O Albino
- Anne Dyson como A raíña
- Margery Mason como A anciá Booer
- Malcolm Storry como Yellin
- Willoughby Gray como O rei
- Betsy Brantley como A nai
Produción
editarDende 1973, ano da publicación da novela de William Goldman, 20th Century Fox asegurou os seus dereitos de adaptación en 500 000 dólares. Richard Lester foi contratado para dirixir o filme e a produción estaba a piques de comezar cando o director de produción de Fox foi despedido. O proxecto deixouse de lado e Goldman mercou todos os dereitos de adaptación. Máis tarde, Rob Reiner namorouse da novela e conseguiu asegurar os dereitos de adaptación grazas ao apoio financeiro de Norman Lear.[3]
A rodaxe tivo lugar do 18 de agosto ao decembro de 1986 en Bakewell, Burnham Beeches, Castleton, os cantís de Moher, Sheffield e os estudos Shepperton.
A música do filme foi composta por Mark Knopfler, a excepción dos créditos finais compostos e interpretados por Willy DeVille.
Galería de imaxes
editar-
Entre as localizacións nas que se levou a cabo a rodaxe do filme figuran os cantís de Moher, en Irlanda.
Notas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ The New York Times (ed.). "Princess Bride".
- ↑ Goldman, William (2000). Which Lie Did They Tell? (en inglés). Bloomsbury. p. 25-27.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Goldman, William, Which Lie Did They Tell?, Bloomsbury, 2000
- Elwes, Cary; Layden, Joe (2014). As You Wish: Inconceivable Tales from the Making of The Princess Bride. New York: Touchstone. ISBN 9781476764023. OCLC 878812649.