Abrir o menú principal

Willy DeVille, nado en Stamford (Connecticut) o 25 de agosto de 1950 e finado en Nova York o 6 de agosto de 2009, foi un cantante e compositor estadounidense.

Willy DeVille
2008-02-26 Willy DeVille IMG 8267.jpg
Nome completoWilliam Paul Borsay
Nacemento25 de agosto de 1950
OrixeStamford, Connecticut Flag of the United States.svg
Falecemento6 de agosto de 2009 (55 anos)
 Nova York
CónxuxeToots Deville
Ocupacióncantautor, compositor e guitarrista
editar datos en Wikidata ]

Primeiro coa súa banda Mink DeVille (1974-1985) e, máis tarde por libre, ao longo de 35 anos de carreira creou cancións enteiramente orixinais malia estaren enraizadas no estilo musical tradicional americano.

TraxectoriaEditar

DeVille traballou con colaboradores de todo o espectro da música americana, incluíndo Jack Nitzsche, doc Pomus, Dr John, Mark Knopfler, Allen Toussaint, Eddie Bo, Brenda Lee, Los Camperos de Nati Cano, e David Hidalgo. A típica canción de Deville en calquera das súas músicas está chea de anhelos románticos. Os ritmos latino, riffs de blues, doo-WOP, música caxún, aires de cabaré francés, e ecos do principios dos 60 atópanse nas súas obras.

Mink DeVille foi a banda do histórico club neoiorquino CBGB, no que naceu o punk rock a mediados da década dos 70. Deville axudou a axustar o son de Brill Building, e despois da súa mudanza a Nova Orleans en 1988, axudou a desencadear o renacemento da música tradicional da cidade, o rithm & blues. As súas letras sentimentais e a exploración dos ritmos e sons americanos axudaron a definir un novo estilo musical, ás veces chamado "hispano-americano." Jack Nitzsche dixo de DeVille que era o mellor cantante co que chegara a traballar. Maila ser unha estrela en Europa, non foi moi coñecido nos Estados Unidos.

O crítico Robert Palmer escribiu sobre el en 1980:

O señor DeVille é un intérprete magnético, pero a súa actitude de machote agocha unha fina intelixencia musical; as súas cancións e arranxos son ricos en ritmos étnicos e en ecos blues (...). El encarna o feixe de contradicións culturais (de Nova York) (...)

Doc Pomus, membro do Salón da Fama do Rock and Roll e co cal compuxo varias cancións, escribiu sobre el:

DeVille coñece a verdade das rúa da cidade e a coraxe dunha canción de amor de gueto (...)

DeVille morreu de cancro pancreático durante a noite do 6 de agosto do 2009 nun hospital de Nova York.