A pensión Eva é unha novela en lingua italiana de Andrea Camilleri. Foi publicada en 2006 por Arnoldo Mondadori co título orixinal de La pensione Eva, e foi traducida ao galego por Carlos Acevedo e publicada por Editorial Galaxia tamén en 2006.

A pensión Eva
Título orixinalLa pensione Eva
Autor/aAndrea Camilleri
OrixeItalia
Linguaitaliano - siciliano
Xénero(s)Novela
EditorialItaliaArnoldo Mondadori Editore
GaliciaEditorial Galaxia
Data de pub.2006
PáxinasItalia188
Galicia152
ISBNItalia88-04-55434-7
Galicia978-84-8288-824-8
TraduciónCarlos Acevedo
editar datos en Wikidata ]
Este relato pretende ser simplemente unhas vacacións narrativas que quixen coller ante a inminencia dos oitenta anos.
Non é un relato histórico nin policial, é un relato, por fortuna, incualificable. Por outra parte, penso que a súa lectura presenta dificultades menores ca outras novelas miñas. Mesmo o título é diferente dos que adoito usar.
Quero advertir que o relato non é autobiográfico, aínda que lle prestei ao meu protagonista o hipocorístico con que se dirixían a min os meus familiares e amigos. O contexto é auténtico. E a Pensión Eva existiu realmente, aínda que son totalmente inventados os nomes dos clientes e os feitos que alí aconteceron
Nota ao final da obra

Trama editar

Nenè é un rapaz de doce anos. Sospeita que a Pensión Eva non é un simple albergue ou hotel como os outros lugares para pasar a noite existentes en Vigàta, posto que de día está sempre pechada. Xa catro anos antes, ao pouco de cumprir os oito, Nenè probara a entrar mais o porteiro botárao fóra por ser moi pequeno.

Na preadolescencia Nenè descobre canda a súa curmá Angela o sexo a partir dos xogos do médico e a doente. Porén, ten conflitos morais pola educación católica recibida, especialmente trala primeira comuñón. Pensa que o que fai con Angela é pecado mortal. Ao cabo, a propia curmán é quen lle explica que a Pensión Eva é un prostíbulo.

Xa con dezaseis anos, Nenè adoita ir cear os luns á Pensión Eva xunto cos seus amigos Jacolino e Ciccio. Coñece as prostitutas que alí traballan -que cambian cada quince días-. Elas -a maioría procedentes da Italia peninsular- cóntanlles anécdotas que lles sucederon. Outras historias que suceden na Pensión son a do cabaleiro Calcedonio, un home de 80 anos xa impotente que recupera a súa virilidade durante un bombardeo, ou a de Tatiana, a puta comunista, que colabora coa resistencia partisana.

Porén, coa chegada da segunda guerra mundial a Sicilia comezan os bombardeos da vila e o desembarco de tropas alemás e finalmente estadounidenses. Coa guerra enriba a xente preocúpase de sobrevivir, pero o lupanar segue adiante.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Ficha na web da editorial.