A noite vai coma un río

obra dramática de Álvaro Cunqueiro

A noite vai coma un río é unha obra dramática de Álvaro Cunqueiro publicada en 1974 (e 2003[1]) por Galaxia[2] e reeditada pola mesma editorial na Obra en galego Completa I (1980)[3]. Xa fora publicada en 1965 no número 10 da revista Grial.

A noite vai coma un río
Autor/aÁlvaro Cunqueiro
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Teatro
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.1965
Páxinas93-168
editar datos en Wikidata ]

En 1974 engádese un monólogo de dona Inés. Foi escrita para figurar nunha primeira versión en galego do que logo sería a novela en castelán Un hombre que se parecía a Orestes, na que se dan algúns anacos[4].

Contido editar

Peza dramática nun prólogo e dúas xornadas, divididas en cinco cadros e un epílogo.

Dramatis personae: O correo, El Rei, O músico, O Capitán, O Morto, O Mendiño, Ana Modesta, Dona Inés, Liria, Alcántara, A Viúva; Mulleres, soldados, xentes que van e veñen, A noite

O asunto pasa nun país moi lonxe.

editar

No Paso de Valverde, na torre de dona Inés.

Ana Modesta e outras mulleres dialogan sobre os soldados e a guerra. Despois Ana Modesta fala co Correo sobre as cartas de amores que non chegan a dona Inés. O Correo méntelle a dona Inés sobre o cabaleiro de Florencia.

Primeira xornada editar

Entra o Músico que dialoga con Ana Modesta e logo con dona Inés sobre o amor. Logo o Correo trae a El Rei e ponlle os ollos de vidro. El Rei quéixase de ser viúvo, de ser casado de neno e de no coñecer o amor, de que as mulleres suspiren polo Capitán, que é seu criado. Falan de amor o Capitán e dona Inés:

Esa é outra lección! Os corazóns son vasos cheos de quente xenxibre. Quen ousará botar a gota que os fará reverquer? Ou non a hai? Millor será, amada, non agardala e beber un pouco, eu do teu e ti do meu. Démonos os segredos pensamentos! Poido mirar si na tona do teu vaso navega unha folliña de vermello caravel? Mirarei cos meu beizos quentes![5]

Segunda xornada editar

No xardín da Torre de Paso Valverde

Vén a Viúva co seu marido morto facendo camiño para o enterrar. Descóbrense outras amantes do xastre morto, a viúva reclama ser a oficial. E dona Inés aparece ser a súa amada secreta por cartas.

Dona Inés fai un longo pranto polo xastre morto, que é un pranto por si mesma, pola ausencia de amor:

Eu querería ser amada por este, e que o outro non me fose máis semellante que estes maniquís. Con este corpo de soñares agardo e desespero! De calquer home eu podería ser, pro non cheguei a deprender nunca que é o que os homes queren dunha muller, e como se lles dá, sin que ao romperse o corpo, o espelliño da alma se quebre tamén[6].

Entra o Mendiño que fala dos seus soños con dona Inés. Ela quéixase de que lle matan os seus amores nada máis nacer e tenta aferrarse ao Mendiño.

editar

Unha noite pecha na fraga de Esmorís.

El Rei, o Capitán, o Correo, a Viúva, as mulleres buscan na noite o Camiño Real. Pasa dona Inés cunha rosa na man:

Quen virá? Quen virá a traverso da noite? Cando rematarán de ir e de vir, sombras, soñares, noites, noites?[7]

Significado editar

Segundo Laura Tato Fontaíña:[8]

 
Praza do Humor (antigamente praza dos Ovos), A Coruña.
"Álvaro Cunqueiro abandona los mitos para realizar «una pequeña obra maestra» donde predomina el elemento lírico. La obra mantiene la unidad con la presencia de dueña Inés y su ama Modesta, por cuya torre van pasando los fugitivos de una guerra. Estos personajes secundarios son quienes alimentan el sueño de dueña Inés para provocar, de inmediato, su decepción, ya que ella se da cuenta de que nunca encontrará a su verdadero amor y se condenará a la soledad."

É unha traxedia breve e intensa, a exposición lírica da arela hu­mana de ato­par unha resposta que dea razón á vida e á morte. A protagonista é dona Inés de Valverde que, cunha flor na man, representativa da súa permanente disposición á entrega espiritual, camiña pola vida en irremediábel soidade. É unha personaxe feminina de rango universal.

Notas editar

  1. "Don Hamlet". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-08-03. 
  2. Cunqueiro, Álvaro (1974). Don Hamlet e tres pezas máis. Galaxia. ISBN 84-7154-214-5. 
  3. Cunqueiro, Álvaro (1980). Obra en galego completa. Poesía.teatro I. Galaxia. ISBN 84-7154-358-3. 
  4. Cunqueiro 1974, p. introdución.
  5. Cunqueiro 1974, p. 138.
  6. Cunqueiro 1974, p. 154.
  7. Cunqueiro 1974, p. 168.
  8. "Álvaro Cunqueiro y «A noite vai coma un río». GaliciaAberta - Secretaría Xeral da Emigración". emigracion.xunta.gal. Consultado o 23/7/2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar