A noite americana
A noite americana (en francés: La nuit américaine) é un filme francés de 1973, dirixido e protagonizado por François Truffaut, xunto a Jacqueline Bisset e Jean-Pierre Léaud nos papeis principais.
A noite americana | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La Nuit américaine |
Director | François Truffaut |
Produtor | Marcel Berbert |
Guión | François Truffaut Suzanne Schiffman Jean-Louis Richard |
Intérpretes | Jacqueline Bisset Valentina Cortese Dani Alexandra Stewart Jean-Pierre Aumont Jean Champion Jean-Pierre Léaud François Truffaut |
Música | Georges Delerue |
Fotografía | Pierre-William Glenn |
Montaxe | Martine Barraquè-Curie Yann Dedet |
Estudio | Les Films du Carrosse PECF Produzione Internazionale Cinematografica |
Estrea | 14 de maio de 1973 |
Duración | 115 minutos |
Orixe | Francia |
Recadación | 839 583 entradas (Francia)[1] |
Na rede | |
A historia narra as tribulacións dun director de cinema durante a rodaxe dun filme. Toma o seu título da técnica cinematográfica homónima, que consiste na aplicación dun filtro escuro sobre a lente da cámara que simula que se roda de noite.
Foi emitido na TVG o 7 de agosto de 1991.[2]
Argumento
editarNun estudio de cinema en Niza, prepárase a rodaxe do filme Je Vous Présente Paméla, un melodrama cheo de tópicos. Os actores son (Jean-Pierre Aumont) e Séverine (Valentina Cortese) estrelas dun tempo pasado, Alphonse (Jean-Pierre Léaud), un galán novo e temperamental con aires de divo, e unha actriz británica, Julie Baker (Jacqueline Bisset).
Enlazadas no guión van aparecendo situacións reais da vida dos actores e do equipo técnico, cos seus conflitos persoais, como o de Julie Baker, inestable por unha crise nerviosa pola controversia creada polo seu matrimonio cun médico moito máis vello ca ela, pai do seu exmarido; ou o de Alphonse, que ameaza con abandonar a filmación cando a súa moza o deixa por un dos técnicos; ou o de Alexandre, o veterano, moi profesional nas súas escenas, mais nervioso e impaciente por ir buscar un rapaz ao aeroporto; a veterana estrela Sevérine ten problemas co alcohol e esquece os seus diálogos.
O desenvolvemento da rodaxe móstrase a través de escenas entre o persoal técnico e o director Ferrand (François Truffaut), que traballan intensamente para lograr entregar o filme rematado no tempo estipulado.
Elenco
editar- Jacqueline Bisset - Julie
- Valentina Cortese - Severine
- Dani - Liliane
- Alexandra Stewart - Stacey
- Jean-Pierre Aumont - Alexandre
- Jean Champion - Betrand
- Jean-Pierre Léaud - Alphonse
- François Truffaut - Director Ferrand
- Nathalie Baye - Joelle
- David Markham - Doctor Nelson
- Zénaïde Rossi - Madame Lajoie
- Xavier Saint-Macary - Christian
O escritor Graham Greene fai un cameo como representante da compañía de seguros, acreditado como "Henry Graham".[3]
Premios
editar- O filme gañou o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa na 46.ª edición dos premios.[4] Na seguinte edición foi candidata ao mellor director, mellor guión orixinal e mellor actriz secundaria (Valentina Cortese).
- BAFTA 1974 ao mellor filme, mellor dirección e mellor actriz secundaria (Valentina Cortese).
- NYFCC Award 1974 ao mellor filme, mellor director e mellor actriz secundaria (Valentina Cortese).
Notas
editar- ↑ Box Office information for Francois Truffaut films at Box Office Story
- ↑ Programación da TVG
- ↑ French, Philip (25 de xullo de 2010). "The 10 best movie cameos". The Guardian (Londres).
- ↑ "The 46th Academy Awards (1974) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 3 de decembro de 2011.