Filmes propostos ó mellor filme internacional na 46ª edición dos Óscar
Os seguintes 20 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 46ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Francia, Alemaña Occidental, Israel, os Países Baixos e Suíza. O galardón recaeu sobre Francia, co filme A noite americana, sendo a sexta vez que gañou o premio dende a súa creación.[1]

Finlandia e Alemaña Oriental presentaron filmes a competición por primeira vez.
Scener ur ett äktenskap foi declarado inelixible, o que provocou controversia. A suposta razón foi que se emitiu na televisión antes de ser estreada en cinemas, mais nese tempo iso non provocaba a inelixibilidade necesariamente. Neste caso, foi porque a emisión televisiva ocorreu máis dun ano antes da estrea en salas en 1974.[2] A inelixibilidade do filme fixo que 24 cineastas, incluídos Frank Capra e Federico Fellini, escribisen unha carta aberta pedindo unha revisión das regras.[2]
Propostas
editarNotas
editar- ↑ oscars.org (ed.). "The 46th Academy Awards (1974) Nominees and Winners". Consultado o 3 de decembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 Gates, Anita (15 de xaneiro de 1995). "There Are Movies, And Then There Are Movies". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2016.