A honra e os cartos

obra literaria de Konstantinos Theotokis

A honra e os cartos (grego: Η Τιμή και το Χρήμα) é unha novela do escritor grego Konstantinos Theotokis, publicada orixinalmente no 1912.

A honra e os cartos
Título orixinalΗ τιμή και το χρήμα
Autor/aKonstantinos Theotokis
OrixeGrecia
LinguaGrego
Data de pub.1912
Primeira edición galega
TraduciónAlfonso Blanco Quintela
EditorialHugin e Munin
Data de pub.2020
editar datos en Wikidata ]

Contexto editar

A obra foi escrita entre os anos 1911 e 1912, cando Theotokis estaba a participar activamente no movemento socialista da súa illa nativa de Corfú.[1] Neste sentido, a trama expón temas como a opresión das clases traballadoras ou a emancipación das mulleres gregas.[1][2]

Sinopse editar

A honra e os cartos conta a historia de Rini, unha rapaza de familia humilde que namora de Andreas, orfo dun comerciante en decadencia que intenta recuperarse das débedas paternas. A súa relación, que transgrede as normas sociais imperantes, acabará desembocando na deshonra. Destaca tamén a presenza da nai de Rini, a señora Epistimi, que se esforza por sacar a diante á súa familia.[1][2]

A acción sitúase na illa de Corfú a comezos do século XX, pouco antes da primeira guerra dos Balcáns (1912-1913). Cun estilo realista, o autor describe a vida, a economía e as estruturas sociopolíticas da rexión durante este período.[1][3]

Adaptacións editar

A película I timi tis agapis ("O segredo do amor", 1984), de Tonia Marketaki, está baseada na novela de Theotokis.[4]

Traducións editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Papadopoulou, Panagiota (2015). "La mujer en "La honra y el dinero" de Konstantinos Teotokis:". Estudios Neogriegos. Revista Científica de la Sociedad Hispánica de Estudios Neogriegos (en castelán) (17): 45–51. ISSN 1137-7003. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "A honra e os cartos – Editorial Hugin e Munin". Consultado o 2024-03-01. 
  3. 3,0 3,1 Teotokis, Konstantinos (2017). La honra y el dinero. Centro de Estudios Bizantinos, Neogriegos y Chipriotas. ISBN 978-84-95905-85-7. 
  4. Marketaki, Tonia. "I timi tis agapis". Consultado o 2024-03-01. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar