A historia das cousas

A historia das cousas (en inglés The Story of Stuff) é un documental web sobre o ciclo de vida dos bens e servizos.

A historia das cousas
Ficha técnica
Título orixinalThe Story of Stuff
DirectorLouis Fox
ProdutorFree Range Studios, Erica Priggen
GuiónAnnie Leonard
IntérpretesAnnie Leonard
MúsicaMichael Emery
Estrea4 de decembro de 2007
Duración20 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Xénerodocumental
Na rede
http://storyofstuff.com/
IMDB: tt1647466 Editar o valor em Wikidata

Historia e características editar

O documental, posto en liña o 4 de decembro de 2007, está narrado por Annie Leonard, quen ten un título de grao do Barnard College e un título de grao da Universidade Cornell en cidade e planificación rexional.[1] O documental está patrocinado pola Tides Foundation e o Funders Workgroup for Sustainable Production and Consumption, con Free Range Studios para producir o filme.[2]

De acordo co sitio, xa hai máis de 4 millóns de persoas que viron o documental.[3] Ralph Nader referiuse ao filme como "un modelo de claridade e motivación".[4]

Contido editar

O documental de 20 minutos presenta unha visión crítica da sociedade consumista. Expon as conexións entre un gran número de problemas sociais e do ambiente, e convócanos a todos a crear un mundo máis sostíbel e xusto.[3] O documental está dividido en 7 capítulos: Introduction (Introdución), Extraction (Extracción), Production (Produción), Distribution (Distribución), Consumption (Consumo), Disposal (Lixo) e Another Way (Outro camiño).

O documental describe a economía de materiais, un sistema composto por extracción, produción, distribución, consumo e lixo. Este sistema esténdese con persoas, o goberno e a corporación.

O seu punto de vista está fundamentado por varios datos estadísticos. Algunhas das afirmacións son:

  • "... máis do 50% do diñeiro do imposto federal estadounidense agora é para as forzas armadas ..."
  • "Das 100 economías máis grandes da Terra agora, 51 son corporacións."
  • "Nosoutros [os EEUU] temos o 5% da poboación do mundo pero consumimos o 30% dos recursos do mundo e creamos o 30% do lixo do mundo."
  • "O 80% dos bosques orixinais do planeta perdéronse."
  • "Só no Amazonas perdemos 2000 árbores por minuto."
  • "Cada un de nós nos EEUU recibe máis de 3000 avisos publicitarios por día."
  • "Cada un de nós nos Estados Unidos fai 4 1/2 libras [ 2,04 kg ] de lixo por día."
  • "a dioxina é a substancia máis tóxica creada polo home coñecida pola ciencia. E os incineradores son a primeira fonte de dioxina."

O documental tamén cita o que Vítor Lebow dixo en 1955:

"A nosa economía enormemente produtiva... pide que fagamos do consumo a nosa forma de vida, que convertamos a compra e uso dos bens nun ritual, que busquemos a nosa satisfacción espiritual, a nosa satisfacción do ego, en consumo... nós necesitamos que as cousas se consuman, se queimen, se substítuan e se tiren ao lixo cunha velocidade sempre maior."[5]

Algúns dos temas mencionados son: retardante de chama bromado, polución, custo externalizado, obsolescencia planificada, publicidade, incineración, dioxinas e reciclaxe.

Notas editar

  1. "Annie Leonard's bio". Arquivado dende o orixinal o 20-01-2008. Consultado o 22-01-2008. 
  2. "The Story of Stuff". 28-07-2008. Arquivado dende o orixinal o 15-09-2008. Consultado o 16-12-2010. 
  3. 3,0 3,1 "The Story of Stuff". 28-07-2008. 
  4. Larry Menkes (27-12-2007). "The Story of Stuff Premiers to Rave Reviews: Proves Value as Relocalization Tool". Arquivado dende o orixinal o 04-05-2009. Consultado o 16-12-2010. 
  5. "Our enormously productive economy... demands that we make consumption our way of life, that we convert the buying and use of goods into rituals, that we seek our spiritual satisfaction, our ego satisfaction, in consumption... we need things consumed, burned up, replaced and discarded at an ever-accelerating rate." ""Price Competition in 1955", Vitor Lebow". 28-07-2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar