Abrir o menú principal

A derradeira leición do mestre[1] é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Gallego de Buenos Aires e está baseado na estampa nº 6 do seu álbum Galicia mártir. Trátase dunha homenaxe ó seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, que foi fusilado na Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936. No cadro represéntase o asasinato de Bóveda e o intento do fascismo por aniquilar o nacionalismo galego.[2]

A derradeira leición do mestre
ArtistaAlfonso Daniel Rodríguez Castelao
Data1945
TécnicaÓleo sobre lenzo
Dimensións200 cm × 136 cm
LocalizaciónCentro Galego (Buenos Aires)

O 2 de outubro de 2018 o cadro chegou a Galicia por vez primeira co gallo da exposición Castelao maxistral da Cidade da Cultura de Galicia, que foi aberta ó público o 5 de outubro.[3] O cadro estará en exposición en Galicia, xunto con outras 92 pezas de Castelao, até o 3 de marzo de 2019.[4]

NotasEditar

Véxase taménEditar