A ameaza da zona escura
A ameaza da zona escura (オラの悟飯をかえせッ Ora no Gohan o Kaese!!?, lit. "Devólveme a Gohan") é o cuarto filme da serie de anime Dragon Ball e a primeira de Dragon Ball Z. Dirixido por Daisuke Nishio, foi estreado en 1989.
A ameaza da zona escura | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Doragon Bōru Zetto Ora no Gohan o Kaese!! |
Director | Daisuke Nishio |
Produtor | Kōzō Morishita |
Guión | Takao Koyama |
Baseado en | Dragon Ball de Akira Toriyama |
Intérpretes | Masako Nozawa Akira Kamiya Toshio Furukawa Hiromi Tsuru Mayumi Tanaka Daisuke Gōri Mayumi Shō Kōhei Miyauchi Kenji Utsumi Kōji Totani Shigeru Chiba Yukitoshi Hori |
Música | Shunsuke Kikuchi |
Fotografía | Motoaki Ikegami |
Montaxe | Shinichi Fukumitsu |
Estudio | Toei Animation |
Distribuidora | Toei Company |
Estrea | 1989 |
Duración | 41 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | Aventura mística |
Filme seguinte | O máis forte do mundo |
Na rede | |
http://corp.toei-anim.co.jp/english/film/dragon_ball_z_1.php | |
Sinopse
editarHai moitos séculos, Kamisama competiu con Garlic por ser o sucesor do Deus da Terra. Este decatouse das malvadas intencións de Garlic e escolleu a Kamisama como o seu sucesor; irritado, Garlic rebelouse contra Deus, pero foi desterrado. 300 anos despois, o seu fillo, Garlic Jr., volveu para vingarse, reunir as Bólas do Dragón e conseguir ser inmortal. Cando buscaban as bólas, secuestran a Son Gohanda, xa que quere usa-lo seu poder e decide convertelo no seu discípulo.
Para acabar co inimigo, Piccoro e Son Goku unen as súas forzas coa intención de ter un combate a morte sen resultar vitoriosos pola inmortalidade do seu inimigo. Ó final Garlic Jr. crea un vórtice cara a Zona Morta pero Gohan desata a súa furia e logra enviar a Garlic Jr. alí.
Personaxes
editarPersonaxes exclusivos do filme
editarGinger
editarGinger (ジンジャー Jinjā?) é un dos tres guerreiros de Garlic Jr, é un demo pequeno e verde con ollos vermellos que pode sacar unhas espadas dos seus brazos para pelexar. Morre xunto con Nikkey por un Kame Hame Ha de Goku. O seu nome provén do inglés Ginger (ジンジャー Jinjā?, xenxibre).
Nikkey
editarNikkey (ニッキー Nikkī?) é un dos tres guerreiros de Garlic Jr, é un demo azul de cabelo branco que pode sacar unha espada das súas pernas para pelexar. Morre xunto con Ginger por un Kame Hame Ha de Goku. O seu nome provén do xaponés Nikki (ニッキ?, canela).
Sancho
editarSancho (サンショ?) é un dos tres guerreiros de Garlic Jr, é o máis grande dos tres. É matado por Piccoro como vinganza por atacalo Ó inicio do filme. O seu nome provén do xaponés Sanchō (山椒?, Pementa de Sichuan).
Música
editarTema de Apertura (opening)
- "CHA-LA HEAD-CHA-LA" por Hironobu Kageyama
Canción intermedia
- "Tenka-ichi Gohan" (天下一ゴハン?) por Masako Nozawa (Seiyū de Son Gohanda)
Tema de peche (ending)
- "Detekoi Tobikiri ZENKAI Pawā!" (でてこいとびきりZENKAIパワー!?) por MANNA
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)