A Whisper in the Noise
A Whisper in the Noise é un proxecto de art rock do compositor West Thordson. Baseado na area metropolitana de Minneapolis-St. Paul, o grupo é coñecido polo seu son escuro e a súa instrumentación única, así como polas súas presentacións ao vivo. Evitando o uso máis tradicional da guitarra e os teclados pesados, a instrumentación de A Whisper in the Noise inclúe violonchelo, violín, trompa, sintetizador, teclados, baixo e distintos tipos de percusión. A expresión minimalista resultante, o arranxo único dos instrumentos, e a inclusión de elementos visuais durante os concertos fixeron que abanda fose descrita como art rock.
A Whisper in the Noise | |
---|---|
A Whisper in the Noise, Brno, 2012 | |
Orixe | Minneapolis-Saint Paul, Minnesota, |
Xénero(s) | art rock, post-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Transdreamer Records, Exile on Mainstream, Southern Records |
Membros | West Thordson Steve Yasgar Matt Irwin Hannah Murray Chris Quinn Sonja Larson Nicholas Conner Rachel Drehmann Andrew Broste Chris Rocha Theodora Wynhoff |
Na rede | |
myspace.com/awitn | |
Discografía
editar- Through the Ides of March - 2003
- 2D - 2004
- As the Bluebird Sings - 2006
- Dry Land - 2007 (Exile on Mainstream)
- To Forget - 2012 (Exile on Mainstream)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Whisper in the Noise |