A Trabe, Berrande, Vilardevós
A Trabe ou Atrave é unha aldea pertencente a parroquia de San Bartolomeu de Berrande, no concello ourensán de Vilardevós. Segundo o IGE en 2009 tiña 52 habitantes (25 homes e 27 mulleres). Neste lugar está unha das estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia.[1]
A Trabe | |
---|---|
![]() ![]() | |
Parroquia | Berrande |
Concello | Vilardevós |
Coordenadas | 41°54′12″N 7°11′40″O / 41.903219444444, -7.1943611111111 |
Poboación | 44 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo de Atrave (tamén aparece escrito como Atrabe no 1763) é máis complexo do que parece. Xerardo Dasairas afirma, no seu libro Crónicas Rexiomontanas, que posiblemente proveña dun antropónimo latino Atrabi<Atravius ou dun xermánico Astrabi. Manuel Domínguez Quiroga no seu libro de Toponimia da provincia de Ourense tamén ofrece varias posibilidades: [2]
A primeira ten que ver coa palabra trave, dado que segundo o dicionario Estraviz, significa tronco groso dunha árbore. Posiblemente no lugar había árbores grosas.
A segunda afirma tamén a posibilidade dun antropónimo latino Atrabius. ( xenitivo: Atravi).
Lugares e parroquias
editarLugares de Berrande
editarLugares da parroquia de Berrande no concello de Vilardevós (Ourense) | |
---|---|
Arzoá | Berrande | Lamasdeite | A Trabe |
Parroquias de Vilardevós
editar
Notas
editar- ↑ Estación da Trabe Arquivado 01 de abril de 2019 en Wayback Machine., na páxina web de MeteoGalicia.
- ↑ Domínguez Quiroga, Manuel (2017). Toponimia da provincia de Ourense. Armonia Universal (Ourense). ISBN 9788416643134.