A Rainy Day in New York

filme de 2019 dirixido por Woody Allen

A Rainy Day in New York é un filme estadounidense de 2019 escrito e dirixido por Woody Allen. Está protagonizado por Timothée Chalamet, Elle Fanning, Selena Gomez, Jude Law, Diego Luna e Liev Schreiber. O filme segue a historia romántica de dous mozos estudantes universitarios, Gatsby e Ashleigh (Chalamet e Fanning), mentres realizan unha visita de fin de semana á cidade natal de Gatsby, Nova York. El espera profundar a súa relación mentres ela está na cidade para entrevistar a un director de cinema moi apreciado (Schreiber) para o seu xornal universitario.

A Rainy Day in New York
Ficha técnica
Título orixinalA Rainy Day in New York
DirectorWoody Allen
ProdutorLetty Aronson
GuiónWoody Allen
Intérpretes
FotografíaVittorio Storaro
MontaxeAlisa Lepselter
Estudio
  • Gravier Productions
  • Perdido Productions
DistribuidoraMPI Media Group
EstreaPolonia: 26 de xullo de 2019
9 de outubro de 2020
Duración92 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia romántica
Orzamento10 millóns de dólares[2]
Recadación23,5 millóns de dólares[3]
Na rede
IMDB: tt7139936 Filmaffinity: 936907 Allocine: 258065 Rottentomatoes: m/a_rainy_day_in_new_york Editar o valor em Wikidata

O filme foi rematado en 2018, mais o seu distribuidor, Amazon Studios, detivo a estrea por mor da controversia arredor de Woody Allen e o Movemento Me Too. Estreouse en Polonia o 26 de xullo de 2019, seguido de moitos países europeos, de América Latina e Asia. Finalmente, estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 9 de outubro de 2020 a través de MPI Media Group e Signature Entertainment.

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Un jour de pluie a New York". Mars Distribution. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2019. Consultado o 3 de xuño de 2019. 
  2. Siegel, Tatiana (31 de xaneiro de 2018). "Netflix, Amazon Look Past Sundance for Their Own Blockbusters". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 6 de decembro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  3. "A Rainy Day in New York". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar