Selena Gomez

actriz e cantante estadounidense

Selena Marie Gomez, nada en Grand Prairie (Texas) o 22 de xullo de 1992, é unha actriz, cantante, produtora, directora e empresaria estadounidense.

Selena Gomez
Selena Gomez en 2013.
Nome completoSelena Marie Gomez
AliasSel, Selly, SelGo,
Data nacemento22 de xullo de 1992
Nado enGrand Prairie
OcupaciónCantante, bailarina e actriz
XéneroTeen pop, R&B, pop, dance-pop, pop punk[1]
Instrumento(s)Voz, piano[2]
Selo(s) discográfico(s)Hollywood Records
Relacionado con Selena Gomez & The Scene, Demi Lovato, Katy Perry, Britney Spears, Miley Cyrus, Taylor Swift, Vanessa Hudgens
Tempo en activo1999-presente (actriz)
2008-presente (cantante)
Na rede
https://selenagomez.com
IMDB: nm1411125 Allocine: 168391 Rottentomatoes: celebrity/1187613-selena_gomez Allmovie: p382910 TCM: 1641512 Metacritic: person/selena-gomez TV.com: people/selena-gomez
Facebook: Selena Twitter: selenagomez Instagram: selenagomez MySpace: selenagomez Snapchat: selenagomez Youtube: UCPNxhDvTcytIdvwXWAm43cA TikTok: selenagomez Souncloud: selena-gomez-official Spotify: 0C8ZW7ezQVs4URX5aX7Kqx iTunes: 280215834 Last fm: Selena+Gomez Musicbrainz: e4bc69e2-a064-4f93-ada1-f7f209cc1cc3 Songkick: 1059348 Discogs: 1642600 Allmusic: mn0000996096 WikiTree: Gomez-1712 Deezer: 292185 Genius: Selena-gomez Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Criada en Texas, comezou a súa carreira artística na serie infantil americana Barney & Friends a principios de 2003.

O seu primeiro papel foi en Barney & friends, cantando moitas cancións da serie como Gianna, xunto a Demi Lovato. En 2006 participou como estrela convidada na segunda tempada de Zack & Cody interpretando a Gwen no episodio A Midsummer's Nightmare. En 2007 apareceu tamén nunha serie de episodios de Hannah Montana como Mikayla, unha estrela do pop rival da protagonista.

Ese ano Gomez empezou a conseguir fama ao aparecer na exitosa serie de Disney Channel Wizards of Waverly Place. Interpretou a protagonista Alex Russo até o remate da serie en 2012.

Gomez entrou na industria do filme coas películas Ramona and Beezus (2010), Monte Carlo (2011) e Hotel Transylvania (2012). Conseguiu unha visión máis madura por parte do seu público despois de protagonizar o escandaloso filme Spring Breakers (2014) e de lanzar o seu álbum en solitario Stars Dance (2013). Este último proxecto debutou de número un na estadounidense Billboard 200 e conseguiu estar nás primeiras dez posicións do Billboard Hot 100 coa canción Come & Get It.

Música editar

Formou a súa banda musical Selena Gomez & The Scene tras asinar un contrato con Hollywood Records en 2008. Publicaron os álbums Kiss & Tell (2009), A Year Without Rain (2010) e When the Sun Goes Down (2011) antes de se disolver a banda en 2012.

Gravou "Everything is Not What it Seems" ("Nada é o que parece"), canción principal da serie Wizards of Waverly Place. En 2008 gravou unha versión do clásico de Disney "Cruella De Vil" para o DVD platino de 101 dálmatas e "Fly to your heart" da película de Disney Tinker Bell. Tamén gravou cancións da banda sonora de Another Cinderella Story.

Gomez rematou o contrato con Hollywood Records tras publicar unha recompilación das súas mellores cancións en For You (2014). Posteriormente asinou un contrato con Interscope Records para continuar o traballo no seu segundo álbum de estudio.

Dende o comezo da súa carreira artística, Gomez vendeu 2,8 millóns de álbums e 18,1 millóns de cancións.

Outras actividades editar

En paralelo coa súa vida pública de celebridade, Gomez traballou en varias ocasións con múltiples organizacións de caridade, entre elas UNICEF, da que é a embaixadora máis nova. Formou a súa propia compañía, July Moon Productions en 2008. Dous anos máis tarde lanzou a súa primeira liña de moda a través de Kmart. Todas as súas pezas de roupa conteñen materiais feitos con elementos ecolóxicos. En 2011 saíu á venda o seu perfume Selena Gomez Eau de Parfum.

Notas editar

  1. "Selena Gomez". AllMusic (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2020. 
  2. Selena Gomez // Playing Piano. 2011. Consultado o 19 de decembro de 2011. 

Véxase tamén editar