A Peneda Cabezuda

Coordenadas: 42°33′28.6″N 7°47′32.9″O / 42.557944, -7.792472

A Peneda Cabezuda é un con situado no monte da Serra, na estrema entre os concellos de Chantada e Carballedo e próxima a Milleirós e O Barrio de Puga[1].

Vista da Peneda Cabezuda, na que se enxerga a forma dunha cabeza humana.

Características Editar

O nome de Peneda Cabezuda vénlle de que se pode ver o perfil dunha cabeza humana situándose nunha posición determinada. Moi próximas están a Pena da Casa, a Pena da Barca e a Pedra da Marrá, unha peneda cortada pola metade.

Cultura popular Editar

Segundo a tradición oral, unha moura viña fiando na roca e pousou alí o que traía na cabeza, de aí a peneda. Na década de 1940 os soldados poñían a bandeira de España nos sitios chamativos, e A Peneda Cabezuda era un deles.[2]. Cóntase tamén que nela estiveron os mouros e que nela se atopaba ouro[3]

Notas Editar

  1. "Visitamos os petróglifos do monte da Serra...". Televinte. Consultado o 06/02/2018. 
  2. "A Peneda Cabezuda". Os Parentes SCG. Consultado o 06/02/2018. 
  3. "Pedras". Galicia Encantada. Consultado o 06/02/2018. 

Galería de imaxes Editar

 
Perfil de cabeza humana na Peneda Cabezuda
Perfil de cabeza humana na Peneda Cabezuda 
 
Detalle da Peneda Cabezuda
Detalle da Peneda Cabezuda 
 
Vista do conxunto da Peneda Cabezuda
Vista do conxunto da Peneda Cabezuda 
 
Pedra da Marrá e Peneda Cabezuda ao fondo
Pedra da Marrá e Peneda Cabezuda ao fondo 
 
Detalle da Pedra da Marrá xunto á Peneda Cabezuda
Detalle da Pedra da Marrá xunto á Peneda Cabezuda 
 
Vista das terras de Carballedo desde a Peneda Cabezuda
Vista das terras de Carballedo desde a Peneda Cabezuda