O Barrio de Puga, Pradeda, Carballedo

lugar da parroquia de Pradeda, no concello de Carballedo

O Barrio de Puga é un lugar da parroquia de Pradeda no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE a súa poboación no ano 2016 era de 7 persoas (5 mulleres e 2 homes), en 2018 eran 5 (3 mulleres e 2 homes).

O Barrio de Puga

Traballos agrícolas no Barrio de Puga
ParroquiaPradeda
ConcelloCarballedo
Coordenadas42°33′14″N 7°48′23″O / 42.553836, -7.806275Coordenadas: 42°33′14″N 7°48′23″O / 42.553836, -7.806275
Poboación5 hab. (2018)
editar datos en Wikidata ]

Toponimia

editar

O topónimo de Barrio vén do latín tardío Barrium, á súa vez do árabe barri (exterior). Puga pode significar vástago de enxerto.[1].

Algúns microtopónimos da aldea[2] son O Agro de Pedras, A Cabada, A Calexa, O Carredal, O Carril, Cas Vicente, Cornelle, A Corredoira, A Costa da Ermida, A Felga, Gatón de Dentro, Gatón de Fóra, A Lama, As Lamas, A Leira da Deves, A Leira de Fondós, Os Montes do Coto. A Nabeira, A Nabeira da Cambota, O Prado da Carretera, Os Ramos, A Rigueira, Sabariz, A Serra Pequena, A Subodega de Dentro, A Subodega de Fóra e A Xesteira.

Patrimonio

editar

No Barrio de Puga e a carón da estrada N-540 está o Carballo Grande do Mestre, catalogado como unha das árbores senlleiras de Galicia.[3]

 
O Barrio de Puga visto desde A Ermida de Milleirós
 
O carballo do Mestre no Barrio de Puga
  1. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  2. "Microtoponima: Os Parentes". osparentes.eu. Arquivado dende o orixinal o 22/11/2018. Consultado o 16/08/2017. 
  3. "Biodiversidade. Árbores senlleiras" (PDF). Consellería de Medio Ambiente, Territorio e vivenda. Consultado o 16/08/2017. 

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Pradeda

editar
Lugares da parroquia de Pradeda no concello de Carballedo (Lugo)

O Barrio de Puga | A Estibada | Pradeda de Abaixo | Pradeda de Arriba | Quintá do Monte

Parroquias de Carballedo

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar