A Pedra Alta
A Pedra Alta de Castrelo do Val (Provincia de Ourense) é unha estela dun guerreiro de 1 200 ou 1 000 anos antes da era actual co seu armamento xunto á representación máis antiga coñecida en Galiza dun carro de guerra.
Descrición | |
---|---|
Alto total | 175 cm |
Anchura | na cabeza 63cm nos brazos 70cm nos pés 73cm |
Grosor | na cabeza 33cm nos brazos 33cm nos pés 30cm |
Escotadura | Superior esquerda: alto 40cm, diagonal 19cm Superior dereita: alto 39cm, diagonal 32cm (é dobre cara adiante e atrás) Inferior esquerda: alto 35cm, diagonal 15cm Inferior dereita: alto 25cm, diagonal 18cm |
Gravados | |
Escudo: | Diámetro exterior 32/32cm Suco radial: 9cm longo Grosor sucos: 2cm |
Espada: 53cm de longo | 8cm de ancho (de suco a suco) |
Posible lanza: | 63cm de ancho |
Transversal: | 2cm de grosor |
HistoriaEditar
A pedra foi atopada en 2010 ao traballar un terreo na zona da Pedra Alta en Castrelo do Val. O achádelo foi dado a coñecer por Antonio de la Peña. A pedra estaba a 50 cm de profundidade. Chamou a atención ao ser un grande bloque de granito con inscricións. Pesa uns 800 kg e mide 1,75 metros de alto e uns 63 a 70 cm de ancho cuns 30 cm de grosor.