A Ferrería, Trascastro, O Incio
A Ferrería, tamén coñecido como A Ferrería do Incio, é un lugar da parroquia de Trascastro no concello do Incio, na comarca de Sarria.
A Ferrería | |
---|---|
Parroquia | Trascastro |
Concello | O Incio |
Coordenadas | 42°38′16″N 7°17′47″O / 42.637638888889, -7.2964166666667 |
Poboación | 32 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Atópase a 653 metros de altitude nun val no que conflúen o rego do Lameiro co río Antiga. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2017 era de 32 persoas (19 mulleres e 13 homes).[1]
Balneario
editarA abundancia de ferro e a súa extracción na zona propiciou a apertura dunha gran ferrería que deu nome á localidade.
Ese mesmo ferro, xunto ao desnivel dos vales, propicia que as augas filtradas polas montañas teñan un alto contido en ferro. Hai constancia deste manancial desde o século XVI, cando pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén. Posteriormente pasou a mans do Conde de Campomanes.
En 1892, en pleno auxe do termalismo en Galicia, A Ferrería foi elixida para a construción do Gran Balneario por iniciativa do Conde de Campomanes.[2] El mesmo habilitou un pazo da súa propiedade, do que se ten constancia desde 1630, e que conta cunha capela barroca. Con todo, tras a guerra civil, como a maioría de balnearios galegos, pasou á ruína e ao abandono.
A finais do século XX, empezou a reconstruírse o edificio. Con todo, unha mala xestión das obras propiciou a súa paralización en 2005.[3]
Lugares e parroquias
editarLugares de Trascastro
editarLugares da parroquia de Trascastro no concello lucense do Incio | |
---|---|
A Airela | A Ferrería | A Moura | A Raxoá | Trascastro |
Parroquias do Incio
editarNotas
editar- ↑ "Instituto de Estatística de Galicia. Nomenclátor de Galicia.". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ Hotel Balneario da Ferrería do Incio na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Galicia Máxica. Balneario de Ferrería do Incio