Abrir o menú principal

A Ferrería, Santo André, As Nogais

A Ferrería é unha localidade pertencente á parroquia de Santo André concello das Nogais. Dista da capital municipal 1 km saíndo pola N-VI en dirección á Coruña.

A Ferrería
ParroquiaSanto André
ConcelloAs Nogais

Adícase principalmente á agricultura. Entre os seus monumentos destacan as pontes sobre o regueiro de Santo André e a ponte sobre o río Navia, que serve de linde entre o concello das Nogais e Becerreá. Do outro lado da ponte está A Ferrería, na parroquia de Agüeira, do concello de Becerreá, constituíndo todo un mesmo núcleo de poboación pero pertencente a dous concellos.

Lugares e parroquiasEditar