AD Fogar da Xuventude

club deportivo galego

A Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude ou AD Fogar é un club deportivo no que se practica principalmete os deportes da natación, o tríatlon e o atletismo entre outros. Esta agrupación ten base en Carballo e Oleiros.

AD Fogar da Xuventude
Tipoclub deportivo
Deportenatación, tríatlon e atletismo
Data de fundación1988
SedeCarballo e Oleiros
PaísEspaña
Na rede
https://www.adfogar.com/o-club
Facebook: adfogar Twitter: ad_fogar Instagram: ad.fogar Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A AD Fogar foi nace e legalízase en Carballo no ano 1988 como unha entidade privada deportiva, social e cultural sen ánimo de lucro que subsiste grazas aos ingresos da súa masa social, das subvencións e convenios institucionais, e da colaboración empresarial. A agrupación vén ofrecendo á mocidade das comarcas de Bergantiños (dende 1988) e As Mariñas (en Oleiros dende 1998), a posibilidade de practicar estas seccións deportivas no seu lugar de orixe.[1]

Na sección Carballo os deportistas adestran no Complexo Deportivo Carballo Calero, e na sección Oleiros os deportistas adestran nas instalacións do INEF en Bastiagueiro.[2]

Galardóns e récords editar

Varios deportistas do equipo competiron e compiten a nivel europeo, tanto en natación como en tríatlon. Entre as plusmarcas acadadas están os récords galegos de Marcos Souto Veiga e Marcos Viaño Varela.

Na década de 1990 a nivel do club destacou a nadadora Elisa Pichel García de Seárez, actual adestradora dos equipos alevín, benxamín e veterano na sección de Carballo. Outro deportista destacado é Víctor Tato Fuentes.[3]

Notas editar

  1. "AD.Fogar da Xuventude de Carballo e Oleiros (A Coruña)". www.adfogar.com. Consultado o 2023-08-29. 
  2. "Instalacións AD.Fogar Carballo e OleirosInstalaciós AD. Fogar Carballo e Oleiros". www.adfogar.com. Consultado o 2023-08-29. 
  3. "Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude". www.adfogar.com. Consultado o 2023-08-29.